Na madrugada deste martes 21 de marzo a redacción desta web recibía aflixida a tráxica noticia da morte de Dona Dolores Canosa Méndez aos seus 84 anos de idade. Dona Dolores, viúva do Portugués de Braño e sogra do Alcalde de Camariñas Pichurri, muller sempre afable, querida e respetada por todos os seus veciños e coñecidos, está sendo velada na sala 2 do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Martiño de Carantoña ás 15:45 da tarde deste xoves 22 de marzo de 2018. Alí, no sagrado templo da súa vila natal será celebrado o funeral de corpo presente por Dona Dolores para, acto seguido, ser trasladado o féretro cos restos mortais desta querida veciña cara o Cemiterio Parroquial de Carantoña onde terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Dolores, especialmente a súa filla Lola e súas netas Estefanía e rosalía. Descanse en Paz.

Engadir un comentario