Duro golpe para a redacción desta web cando a media mañán deste domingo 18 de marzo éramos notificados da morte da querida veciña da Ponte do Porto, e fundadora xunto ao seu home da empresa de materiais de construcción Pérez rey, Dona Yda Rey Moreira aos seus 87 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Yda está sendo velado na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da localidade porteña que a víu nacer, dende onde sairá cara o templo da Ponte do Porto ás 15:45 da tarde deste luns para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a inhumación do féretro desta exemplar muller porteña no Cemiterio Parroquial da Ponte do Porto onde os restos mortais de Dona Yda terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Yda, especialmente ao seu esposo José, unha verdadeira institución vivinte na Ponte do Porto, e aos seus fillos José Enrique, Javier e César xerentes da mítica empresa de materiales da construcción Pérez Rey, así como ás súas esposas Barca, Eva e especialmente a nosa querida amiga e usuaria desta web Pili aos que lles trasladamos toda e forza e ánimos nestes duros momentos. Dona Yda Rey Moreira, Descanse en Paz.

Engadir un comentario