Continúa o incesante goteo de decesos que inundan xa este desgraciado ano 2018. Na tarde noite deste mércores 7 de marzo a redacción desta web tiña coñecemento do pasamento de Don José Ramón Castiñeira Méndez aos seus 85 anos de idade. O corpo sen vida de Pepiño do Fato, como era coñecido cariñosamente en toda tanto na Esquipa como en toda a parroquia porteña, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de Santiago de Cereixo ás 15:45 horas da tarde deste xoves 8 de marzo. Acto seguido procederase a realizar o sepelio deste querido veciño no Cemiterio Parroquial de Cereixo donde os restos mortais de Don José Ramón terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Ramón Castiñeira Méndez. Descanse en Paz.

Engadir un comentario