1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este mércores 31 de xaneiro faleciía tráxicamente do Hoxpital Virxe da Xunqueira de Cee Don Evaristo Rey Sambade aos seus 89 anos de idade. Máis coñecido como "O Fontanero" finaba despois das importantes feridas sofridas polo grave atropelo do que fora víctima na mañá deste pasado mércores. O corpo sen vida de Don Evaristo está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara o sagrado templo porteño de San Pedro ás 15:45 deste venres 2 de febreiro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido os restos mortais do noso amigo serán trasladados ata o Cemiterio Parroquial da Ponte do Porto donde Don Evaristo terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Evaristo. Descanse en Paz.

SERVIZO DE AUTOBÚS: Ás 15:00 horas salirá un autobús desde Arou, pasando por Camelle con dirección ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto

Engadir un comentario