Despois dun largo periódo de letargo, exactamente dende finais dos anos 80 cando se puxeron en coñecemento este grave problema ás autoridades eclesiásticas, os feligreses da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto comprobaron por fin a iniciación das obras de reparación estructurales do campanario da súa igrexa. Este xoves 27 de outubro comenzaban a traballar os operarios da empresa concesionaria ataviados cos seus arneses de seguridade pola maraña de andamios que recobren o campanario da igrexa da Ponte. Alí, nas alturas porteñas, os técnicos puderon comprobar o estado da situación despois dese interminable intervalo de tempo no cal non se sabía moi ben cal ía a ser a solución a este problema estructural que poñía en perigo o santuario porteño.

O apuntalamento do campanario polo interior do mesmo ata o atrio facía pensar que o perigo de derrumbe era máis real do que parecía, e despois das derradeiras visitas de varios arquitectos decidíuse por fin dar solución ao problema mediante a reparación completa do campanario. Os traballos de reparación do santuario da Ponte do Porto serán moi laboriosos e poderán demorarse varios meses ata que se rematen totalmente, e non se descarta que se teña que pechar a igrexa mentras estos se realizan para protexer aos veciños de posibles accidentes. En todo caso esta web informará proximamente de todo o que aconteza cas obras de reformar estructural da Igrexa de San Pedro da Ponte do Porto. Seguiremos informando.

Engadir un comentario