1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nestes días estanse rematando as obras que a empresa Espina & Delfín ven levando a cabo no Allo (Ponte do Porto). As obras tiveron por finalidade o cambio da tubería de fibrocemento, de distribución de auga, que une o depósito de Ponte do Porto co de Camariñas. Esta tubería sufría continuas rupturas que ocasionaba as conseguintes molestias e cortes de auga con mais frecuencia da desexada e moitísimas molestias aos sufridos veciños deste lugar porteño, polos traballos de reparación que un día si e outro tamén levaban a cabo os técnicos municipais para restituír o servicio de auga potable.

Esta actuación, cun orzamento de 115.198,55 euros, supuxo o cambio da primitiva canalización de fibrocemento por outra de PVC de 160 mm de diámetro que soporta presións de 16 atmósferas.

As obras realizadas no lugar do Allo suporán un cambio radical no aspecto desta importante rúa da Ponte do Porto

Segundo nos manifesta o concelleiro de obras do concello, Juan Carlos Canosa, “ con esta actuación e un by-pass feito polos técnicos municipais, toda a tubería que une o depósito de Ponte do Porte co de Camariñas está renovada, polo que cabe esperar que unha maior calidade no servicio e moitas menos molestias para os veciños”

Aproveitando estas obras procedeuse á pavimentación das rúas do Allo con aglomerado asfáltico en quente que transformou, para mellor, o aspecto deste antigo e emblemático lugar Porteño.

Engadir un comentario