1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O IES Plurilingüe Pedra da Aguia acolleu o xoves 21 unha experiencia novidosa na que participou case todo o alumnado. Profesores da Escola Municipal de Camariñas trouxeron varios instrumentos musicais de corda, percusión e vento para achegar a música aos rapaces e animalos a tocar e a participar na Escola do Concello. Situando un instrumento en cada aula, os grupos de alumnos pasaron de forma rotatoria e en intervalos de 10 minutos para escoitar as explicacións e os acordes do piano, a batería e a guitarra. Finalmente, todos xuntos congregáronse no salón de actos para escoitar unha pequena actuación dos profesores, xa con todos os instrumentos. Dende o Centro queremos agradecer o interese da Escola Municipal de Camariñas por achegar a música ás aulas, unha experiencia que entusiasmou tanto ao alumnado como ao persoal docente.

Cartel da Escola Municipal de Música do Concello de Camariñas


Cartel da Escola Municipal de Música de Camariñas
Cartel da Escola Municipal de Música de Camariñas

Engadir un comentario