5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (3 Votes)
E chegou outro ano máis a impresionante festa de San Pedro da Ponte do Porto. Unha data festeira que se está asentando novamente no top das mellores citas verbeneiras de toda a Costa da Morte despois dos éxitos acadados tanto o ano pasado como nos anteriores. Como novidades desta edición citar o nomeamento dunha nova e heroica comisión que recolle o exitoso testigo do noso querido amigo Alfonso Castro. Desta volta veñen a conformar o novo equipo directivo os veciños porteños Juan de Dor como presidente e Laura Rial como vicepresidenta. Martína Martínez, Sebastián e Miguel son os que reforzan esta nova e prometedora comisión que conta coa axuda e colaboración da concelleira porteña Sandra Ínsua Rial. Un total de cinco días cheos de festa, actividades e devoción hacia o Patrón Porteño que dará comezo este mesmo mércores 28 de xuño coa consecución da tradicional e famosa sardiñada na véspera de San Pedro. Un cartel espectacular tanto no conseguido este ano polo novo grupo de xente ilusionada que tomou as rendas da comisión como no mesmo deseño en si, obra  orixinal do fotógrafo de bodas Diego Alonso que tamén costeou o importe do cartel tal e como o fixo o ano pasado. Dende Camarinas.eu queremos desexar a todos os nosos veciños da Ponte do Porto unhas felices festas e tamén esperar o maior dos éxitos a esta nova comisión que comeza. Viva San Pedro!
Cartel do San Pedro da Ponte do Porto 2017 por Diego Alonso Freire
Cartel do San Pedro da Ponte do Porto 2017 por Diego Alonso Freire

Engadir un comentario