1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Hai pouco máis de cinco anos Camarinas.eu publicaba unha nota (Busqueda de Manuel Garcia Santos)enviada pola nosa usuaria María del Carmen Rodríguez Lema, residente na Arxentina, na que se nos pedía axuda para encontrar a unha persoa que había moitos anos perdera o contacto. Foi publicar Camarinas.eu esa nota e ás poucas semanas resolveuse o problema e atopamos (Busqueda de Manuel Garcia Santos (e II)), coa axuda de varios usuarios porteños ao home ao cal andabamos na procura. Esa persoa resultou ser Manolo García Santos, máis coñecido na Ponte do Porto polo seu primeiro apelido o cal regresaría a Bos Aires dez meses despois para reencontrarse ca súa amiga porteña despois de cáseque corenta anos sen saber nada un do outro (Reencontro entrañable na Arxentina). Catro anos máis tarde producíase na nosa redacción outro entrañable reencontro de María del Carmen Rodríguez con Manolo García esta vez en Camariñas e xunto a Diego Alonso como un dos artífices desta entrañable historia. E así puxemos punto e aparte a unha bonita historia que quedou rexistrada para sempre na nosa memoria e, sobretodo, rexistrada para sempre na hemeroteca de Camarinas.eu (Reencontro entrañable en Camarinas.eu). Un día cheo de emocións e recordos que a dirección desta humilde web pudo desfrutar cos seus dous protagonistas agora en terras camariñanas.

Este sábado 29 de novembro de 2014 recibíamos aflixidos a noticia da tráxica morte do noso querido amigo García aos seus 72 anos de idade por mor dun infarto que o acabou coa súa vida á altura da súa casa do Outeiro cando tentaba saír co seu coche. Ata o lugar dos feitos trasladouse unha dotación da Garda Civil Xudicial de Carballo para levantar o cadaleiro do noso amigo Manolo. Dende a Arxentina era a nosa amiga María del Carmen Rodríguez a que nos comunicaba totalmente destrozada a tráxica nova. O Corpo sen vida do noso amigo está sendo velado nas instalacións do Tanatorio San Vicente de Vimianzo dende onde partirá hacia a Igrexa de San Pedro de A Ponte do Porto ás 15:00 horas deste domingo 30 de novembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Logo despois destes actos relixiosos procederse ao seu sepelio onde despediremos para sempre ao noso amigo. Unha triste noticia que mete punto e final á historia en vida de Manolo García Santos. Unha historia que seguirá viva por sempre nas nosas memorias. Descanse en Paz.

Nota de María del Carmen Rodríguez Lema desde Argentina:


"Hola Diego! Con inmenso dolor te comunico que acabo de recibir la noticia por parte de mi primo en Ponte do Porto que hoy por la mañana falleció de un infarto Manuel García Santos mi amigo del alma y no dejo de llorar. Gracias a ti lo reencontré y te doy eternamente las gracias. Cuánto dolor! Se nos fue una persona buena y solidaria! Q.D.E.P"

Engadir un comentario