1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Semanas de traballos continuos por parte da administración local camariñana na vila porteña. Esta mañán o Concello de Camariñas comezaba a mellora na señalización vial de varias importantes vías da Ponte do Porto. Especialmente tratouse o repintado dos pasos de peóns da zona do cruce de Xarás e tamén se fixo o mesmo na flamante Travesía da Esquipa da cal se espera a súa apertura con unha pequena inauguración este mércores 30 de xullo de 2014 na cal teremos un enviado especial desde Camarinas.eu. Deste xeito, o concello acomete varias melloras no que se refire ao tránsito peonil posto que hai tan só unhas semanas tamén se realizaron obras de adaptación en varias rúas da Ponte do Porto.

Engadir un comentario