1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dun tempo a esta parte as rúas da Ponte do Porto estanse vendo sacudidas por unha pequena revolución de pequenas obras varias do seu entramado vial. Concretamente as zonas afectadas son as que van dende o Outeiro ata a ponte, máis ou menos ata a altura da entidade bancaria antigamente chamada Banesto, agora Banco Santander, onde se procedeu a eliminar as barreiras que había nas beirarrúas (tales como aceras-escaleiras) que impedían o paso de silla de rodas e carritos. Asemesmo tamén se está a dar continuidade a beirarrúas en zonas onde antes tiñan preferencia os coches,e que agora pasarán a ser de prevalencia peatonil. O alumeado público será outro dos eidos afectados eliminando unha serie de postes que co tempo deron en ser superfluos e que dificultaban onormal tránsito. Finalmente, na Travesía da Esquipa estase a facer unha inversión de 50.000 euros no que dende o comenzo foi un clásico da nova corporación municipal: novas tuberías para pluviais e saneamento en este caso pols dous lados, novas beirarrúas e pavimentación con aglomerado asfáltico. Non está mal, para os tempos que corren.

Comentarios   

Juan Aceras
+2 # RE: Obras varias de mellora vial na Ponte do PortoJuan Aceras 12/06/2014 08:28
A mais non veñen sen tempo ,voa falla nos facian ,pero bo todo que veña e ben collido ,
Responder | Denunciar ante o administrador
E DISQUE
+1 # RE: Obras varias de mellora vial na Ponte do PortoE DISQUE 14/06/2014 15:07
Que o dia 28 de xuño vaise a celebrar unha cea baile para a recaudación de diñeiro para as festas do Carmen de Camariñas.Consi dero que nun concello tan pequeno como o noso debiamos de respectar os días festivos en todas as localidades ,de non ser así haberá que mirar como se poden celebrar en cada pobo festas ao seu xeito e antoxo
Responder | Denunciar ante o administrador