1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continúan a chegar tristes noticias á nosa redacción. Esta mañá recibíamos a chamada do noso amigo e colaborador Xoán Ramón Carballo que nos informaba do pasamento da súa nai Dona Otilia Alvite Ameijeiras aos seus 96 anos de idade na cidade da Coruña. Dona Otilia chegou ata Cereixo moi xoven sendo a máis xoven de nove irmáns orixinarios de Santa Comba. Anos despois casaría con Arturo Carballo Tajes e fruto deste matrimonio nacerían dous fillos, Xoan Ramón, enxeñeiro residente na cidade olívica e Arturo Carballo Alvite, coñecido director das antigas oficiñas bancarias da Caixa de Aforros en Camelle e tamén en Muxía. Cómpre lembrar que Dona Otilia era irmán do que foi o Cura Párroco da Parroquia de Santiago de Cereixo durante tantos anos, o recordado Don José Alvite tristemente falecido hai xa moitos anos. O corpo sen vida de Dona Otilia está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo dende o cal será trasladado ata a Igrexa de Santiago de Cereixo onde ás 16:00 horas deste sábado 25 de xaneiro de 2014 será celebrado a misa de corpo presente para logo ser soterrada no seu querido Cereixo. Dende a Redacción de Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Otilia. Descanse en Paz.

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Dona Otilia Alvite Ameijeiras, Descanse en PazBeldoña 24/01/2014 15:19
Descanse en Paz.
Eu, aínda lembro a Don Xosé Alvite, da miña etapa de monaguillo, cando viña a oficiar misas e funerais ao noso pobo.
Reciba a súa familia o meu pésame.
Responder | Denunciar ante o administrador