Esta fría e invernal mañán do 22 de xaneiro de 2012 amañecía triste para o lugar de Dor, antesala da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto. Unha das súas máis lonxevas veciñas, Dona Josefina Rodríguez Cibrán máis coñecida como Fina do Tuiño, deixaba este mundo aos seus 102 anos debido a causas naturais. Dona Fina, nai de catro fillos, adicou toda a súa vida á venta de encaixe dunha maneira totalmente exitosa xunto a súa filla Dolores Romero, gran referente no ámbito galego da artesanía eterna do bolillo e muller emprendedora e traballadora onde as haxa. O corpo sen vida de Dona Fina está sendo velado na súa casa de toda a vida de Dor de onde sairá cara a Igrexa de San Pedro de A Ponte do Porto este xoves ás 16:00 para ser celebrado o seu sepelio. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Josefina nestes duros momentos que están a vivir. Dona Josefina, referente primordial do encaixe de Camariñas, Descanse en Paz.

Engadir un comentario