A forza desatada dos elementos abatíose sobre Galicia nas vísperas do Nadal. Vendavaladas salvaxes convertidas por veces en tifóns asiáticos deixaron un regueiro de destrozos nas Rías Baixas, onde en vilas mariñeiras como O Grove, causaron cortes intermitentes de luz nos fogares e definitivos no alumeado público, sumindo á vila meca na escuridade. Asemesmo un terrible temporal pero de xente desatouse no interior dos diferentes centros comerciais da cidade de Coruña, e unha avalancha humana asaltou os estantes das tendas e provocou unha chuvia dourada nunca antes vista de moedas, billetes e tarxetas de crédito por metro cuadrado sobre as asoladas caixas rexistradoras, levando aos presentes de tan estrano fenómeno a preguntarse seriamente acerca da existencia desto da crise económica e acerca dunha enésima esaxeración sensacionalista dos medios de comunicación. E en esto, como en todo, non podía permanecer alleo o Concello de Camariñas. Onde se notaron en especial os seus efectos foi na Ponte do Porto. Alí o temporal (climatolóxico neste caso) chegou a derrubar unha árbore e a romper cun cable do téndido eléctrico do alumeado público municipal. Foi por elo, que sobrepoñéndose a enorme dor que lle causou a desaparición do seu pai, andaba xa na mañán deste martes 24 de decembro Manolo Canosa mans á obra para repoñer os desperfectos. Foi o maior rastro dunha noite terrible que tamén trouxo consigo a caída de tellas (ningunha sobre cabezas humanas, que se saiba) e tirada dos sempre sufridos contenedores municipais, víctimas propiciatorias habituais da furia humana e da climatolóxica. Incluso nos días emblemáticos do Nadal.

Fotos: Facebook

Engadir un comentario