1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A edición do 2013 da Festa de Cereixo, tinguida loito polo accidente de Santiago

Moitos estaban imbuidos de cabeza na tradicional degustación dos seus chourizos ao viño, outros contemplaban desapasionadamente as evolucións primerizas do Real Madrid de Carlo Ancelotti en Lyon, todos esperaban ilusionados o arranque dunha edición máis da súa multitudinaria festa, cando pouco a pouco empezouse a filtrar que algo macabro, terrible, un deses acontecementos chamados a quedar no imaxinario colectivo para toda unha vida, acaba de acontecer precisamente en Santiago de Compostela. Un 24 de xullo, víspera da Festa de Galicia, do Patrón das Españas. Os móviles, os ordenadores, as televisións empezaban a vomitar unhas imáxenes dantescas de mantas sobre as vías, vagóns esnaquizados, sangue e dor e entón as mentes fóronse xa cara á capital de Galicia e alí se quedaron para o resto da noite, para o resto dos duros días que estamos por vivir. ¿Que podía importar xa a festa se alá as víctimas apilábanse por ducias e familiares desesperados daban os primeiros compases dos momentos máis duros de toda unha vida?

A Comisión de Festas fixera o seu traballo, un gran esforzo, un duro sacrificio que verían recompensado polas caras de felicidade dos seus. Diseñaran o mellor cartel posible que permitían as circunstancias socioeconómicas do seu entorno: as propias dunha festa emblemática da Costa da Morte, celebradas nun rincón idóneo e histórico, pero correspondentes a unha pequena e humilde parroquia. Para cando chegou o mazazo que anonadou a toda unha rexión, ao conxunto de todo un país, nin tempo tiveron de pensar no xarro de auga fría, unha auténtica catarata de xeo, que acababa de caer sobre o seu traballo de meses e todos os pensamentos voaron ata as víctimas, os seus familiares, aos que se afanaban impasible e imparablemente nas labouras de rescate. E tal vez, quen sabe, cavilaron durante un duro momento no sinsentido que dirixe a nosa existencia. E así estamos este xoves 25 de xullo de 2013, Festa de Santiago Apostol, Día da Patria Galega, consternados, anonadados, desfeitos... Mal día para ser galego.

Cartel do Santiago Apóstol máis triste da historia de Galicia

Comentarios   

Dolores Rojo
+5 # Tragedia en GaliciaDolores Rojo 25/07/2013 17:38
Desde Argentina les mando a todos mi màs profundo pesar por esta tragedìa tan impresionante que todavìa no puedo creer, mucha fuerza y mis condolencias para todos los que han perdido a sus familiares y amigos.
Mucho dolor en este dìa tan nuestro como es el de Santiago Apòstol el dìa de nuestra Galicia tan querida y siempre recordada.
Muchos abrazos a todos Lola
Responder | Denunciar ante o administrador