Manuel O Gransolo faleceu este luns 10 de decembro de 2012

Na tarde deste frío luns 10 de decembro a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia por parte do seu neto Manuel Castiñeiras da morte do seu avó Manuel Vidal Souto, máis coñecido na Ponte do Porto como "O Gransolo". Señor Manuel, de oitenta dous anos de idade levaba xa uns días internado no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por mor dunhas graves deficiencias cardíacas e foi hoxe sobre as cinco da tarde cando o seu gastado corazón dixo basta. O Gransolo adicou gran parte da súa vida a traballar de gandeiro sendo moi coñecido e querido non tan só na súa eterna vila porteña senón tamén por moitos dos pobos e aldeas da Costa da Morte.

Ademáis da súa intensa traxectoria profesional, Don Manuel tiña tempo para adicarse a outras cuestións en beneficio da súa vila. Así unindo o seu amor pola Ponte do Porto e a súa afición polo deporte rei tamén foi durante varios anos Presidente do Porteño FC. Outras das sús paixóns foi o mundo da política onde durante varios anos exerceu como concelleiro do PP pola Ponte do Porto, cargo dende o que levou a cabo unha infatigable e encomiable labor de defensa dos intereses da súa vila da alma. O corpo de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Costas de Vimianzo e o enterro será celebrado este martes 11 de decembro na Igrexa Parroquial de San Pedro, estando previsto que a comitiva fúnebre saia do tanatorio ás 16:00 horas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sentidas e sinceiras condolencias a toda a familia de Don Manuel especialmente á súa Dona Maruja, aos seus fillos Maruja, Cleo, Ramona e Víctor así como a todos os seus netos principalmente ao noso querido amigo Manuel Castiñeiras Vidal. Don Manuel Vidal Souto, historia viva da Ponte do Porto, Descanse en Paz.

Comentarios   

adela
+5 # gransoladela 10/12/2012 19:17
o mais querido pesame a familia departe de sua prima maruja de camelle
Responder | Denunciar ante o administrador
Xosé-Luís
+6 # RE: Manuel Vidal Souto D.E.P.Xosé-Luís 10/12/2012 20:59
Tristísima sorpresa para min, que non sabia nada. O meu mais sentido e garimoso pésame para os seus, moi especialmente para a súa viuva e fillos. Endexamais esquecerei aquela viaxe que fixéramos xuntos a Bos Aires, nos tempos do Presidente Alfonsín, nin as sempre divertidas e tan lembradas veladas que vivimos na casa do noso común amigo Pepe O Mantido. Que o Señor o acolla cos seus brazos abertos de Pai e lle dea acougo e ledicia na paz.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jose Manuel Souto
+7 # O GransoloJose Manuel Souto 10/12/2012 21:40
O meu mais sincero pesame a toda a familia do señor Manolo.
R.I.P.
Responder | Denunciar ante o administrador
rafael lema
+2 # un amigorafael lema 11/12/2012 11:07
ao meu amigo granxolo,loitad or ata a fin,o cariño e respecto que sempre nos tivemos nunca morrerá
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # RE: Manuel Vidal Souto "O Gransolo" D.E.P.diegoalfr 11/12/2012 17:50
Eu tamén quero unirme ao resto de comentarios e dar o meu máis sinceiro pésame a toda a familia de Señor Manuel "O Gransolo". DEP.
Responder | Denunciar ante o administrador