Este 19 de novembro de 2012 falecía aos 89 anos o Presidente de Honor do CNCAos duros momentos que están a atravesar actualmente os socios da que é a institución náutica decana da Costa da Morte, hai que sumar o falecemento este luns 19 de novembro de 2012 aos seus 89 anos do que foi o seu primeiro Presidente e actual Presidente de Honor, Don José Trillo Fernández-Abelenda. Nacido na vila de Corcubión (onde o seu proxenitor desempeñaba as labouras de secretario de xulgado) en 1922, un día antes que o que sería o seu gran amigo D. Manuel Fraga Iribarne,  tras cursar a carreira de Dereito nas unversidades de Oviedo e Santiago, dedicaríase Don José durante máis de 50 anos ás labouras de procurador de tribunais, desempeño onde acadaría o máximo recoñecemento dos seus compañeiros, sendo elexido como decano do Colexio de Procuradores da Coruña durante máis de 20 anos (1977-1998), Presidente de Honor do Consello Galego de Procuradores e actual vocal honorario da Mutualidade de Procuradores de Tribunais. Se o anterior non fora suficiente foi honrado en vida ca Cruz distinguida de primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort ou ca Medalla de Galicia no 2004, entre outras distincións.

Nembargantes a súa relación co Concello de Camariñas quedará marcada pola súa participación decisiva na creación, desenrolo e fortalecemento do Club Náutico de Camariñas tras ser atraido cara este interesante e prometedor proxecto polo seu amigo Xosé Luis Blanco Campaña. Socio fundador, primeiro dos seus presidentes e actual Presidente de Honor xunto ao propio Xosé Luis tralo falecemento a comenzos deste ano de D. Manuel Fraga, o seu talento, esforzo e dedicación desinteresada foron claves para que Camariñas contara ca principal institución náutica da Costa da Morte. Un falecemento que nestos duros días que lle toca a vivir a unha das asociacións senlleiras do ámbito marítimo galego afonda a conmoción dos socios pola desaparición dunha persoa querida, admirada e respetada entre a masa social. Un gran perda, a dunha desas persoalidades irrepetibles e irremprazables, a dun loitador que deixa unha labor no CNC que será lembrada de por vida. O seu enterro celebrarase este martes 20 de novembro de 2012 na Igrexa Parroquial de Santiago de Cereixo. Vaia dende Camarinas.eu como mostra do máximo respeto por unha figura clave para entender o desenrolo da Camariñas durante estos derradeiros 25 anos o noso máis sinceiro pésame á familiares e amigos. Don José Trillo Fernández-Abelenda, Descanse En Paz.








Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: José Trillo Fernández-Abele nda D.E.P.Beldoña 20/11/2012 09:25
DESCANSE EN PAZ DON JOSÉ TRILLO.Y mi sincero pésame a toda su familia.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+2 # RE: José Trillo Fernández-Abele nda D.E.P.diegoalfr 20/11/2012 09:28
Descanse en Paz don José Trillo. As miñas condolencias a toda a familia.
Responder | Denunciar ante o administrador