1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Imaxe tomada no Cuartel de Camariñas da marihuana incautada esta semanaEsta semana a Guardia Civil procedía á incautación de cinco plantas de marihuana, dun peso aproximado total duns 12 kilogramos, e á detención dun veciño duns 40 anos no que resultou ser unha plantación na Ponte do Porto: o fértil chan das Barrosas reconvertido para dar acollida a un novo producto procedente de latitudes tropicais. Supostamente as plantas crecían desgarbadas nun galpón anexo ao domicilio porteño no que constituiría un invernadeiro artesanal, todo o cal motivou a imputación dun delito contra a saúde pública. Caso éste que nos levou aquí en Camarinas.eu a unha pequena reflexión de tintes un tanto filosóficos, hoxe tan de moda: imbuidos como estamos dende hai 5 anos nunha crise económica que a pesares dos "brotes verdes" e da "luz al final de túnel" pronosticados hai tempo non parece senón ir a peor, houbo unha predicción igual de acertada cas anteriores na que un sociólogo adiantaba tres ou catro anos atrás que ante o devastador da crise e como medida somnífera os gobernos occidentais antes que tarde acabarían legalizando as drogas blandas, hachís e marihuana principalmente.

En todo caso, augurios incumpridos aparte, deixando demagoxias á marxe e mantendo en todo caso a persecución legal implacable das drogas así chamadas duras ¿realmente debería procederse do xeito anteriormente mencionado? ¿Tal vez non resulta un pouco anacrónico que aquelo que hai 20, 25 anos, suporía un escándalo descomunal, cunha forte penalización por parte da conciencia pública, unha excomunión social en toda regra que determinaría que o culpable fora tratado como un apestado, pase hoxe en día como unha sinxela nota de prensa nos periódicos rexionais? Neste punto un non pode evitar comparacións tal vez inconvenientes pero aquelo que nos anos 80 (xa non digamos nos 70 e máis atrás) veríamos no caso do matrimonio homosexual como algo imposible de todo grado, actualmente vese como normal gozando de amplia aceptación social. ¿Acaso existe realmente diferencia entre sentarse tranquilamente en casa un venres noite e servirte tres ou catro copazos frente a fumar un par de canutos elaborados artesanalmente? ¿non son en realidade os efectos para a saúde igual de nocivos en ambos casos? A semellanza do que sucede co alcohol e o tabaco, legalizada a comercialización do producto en cuestión, ¿non constituiría unha nova fronte de ingresos vía impostos para os Pais da Patria, o único que en realidade parece importarlles? Aparte da cuestión de que as forzas do orde público quedarían liberadas neste ámbito e adicarían os seus esforzos a perseguir delitos de distinta envergadura. Nembargantes o anterior, a experiencia comparada mostra que a tendencia actual naqueles países que tiñan unha lexislación máis permisiva no consumo das drogas blandas (Holanda) parece ir en sentido contrario, eliminando concesións e reforzando prohibicións. En todo caso, aquí en Camarinas.eu non nos decantamos por ningunha das opcións e tan só deixamos prantexada a presente reflexión, ao fin e ao cabo será o lexislador o que acabe resolvendo a cuestión segundo o que estime máis conveniente (para os seus propios, únicos e exclusivos intereses).

Engadir un comentario