3.7692307692308 1 1 1 1 1 Rating 3.77 (39 Votes)

Un coche do concello atropela a un xabarín

 

Neste estado quedou o coche do noso querido amigo Manolo O Panadeiro
Neste estado quedou o coche do noso querido amigo Manolo O Panadeiro

 

 

O fontaneiro do Concello Manolo "O Panadeiro" dirixíase hacia á Ponte do Porto para comprobar o estado do depósito municipal de auga potable cando un porco bravo saeulle ao paso antes de chegar aos Colexios da Ponte, sen que o fontaneiro camariñán poidera esquivalo. O animal, gravemente ferido, andou arrastrándose uns metros pola cuneta ata que se desvaneceu a pouca distancia do suceso. O xabarín foi recollido por un grupo de cazadores que se acercaron ao lugar do atropelo. Ao parecer o animal era dun gran tamaño e segundo os alí presentes "pesaba uns 100 kilos". Non nos extraña, á vista está o estado no cal quedou o Patrol do Concello.



Comentarios   

Mikel
+1 # RE: Accidente na entrada da Ponte do PortoMikel 04/12/2007 21:07
Que raro,,tiña q ser un porco muy bravo porque ainda nunca vin un choque nesa persona,,,Manol o Panadeiro,,atac annos os porcos,,vaiche boa jajajajajja
Un saludo primo
Responder | Denunciar ante o administrador