5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Continúa Camarinas.eu co seu percorrido particular polos diferentes actos festivos e sociais que se celebran eventualmente por tódolos recunchos do noso concello. Desta vez facemos parada obrigatoria na celebración que se realiza dende tempos remotos da procesión da Fátima na Ponte do Porto. Procesión que engalanou este domingo pasado 9 de outubro a Rúa das Barrosas cunha impresionante alfombra floral realizada por gran parte de veciños e devotos da dita transitada rúa porteña. Outro ano máis, como ven sendo habitual, Camarinas.eu estivo presente e móstravos en rigurosa exclusiva as imaxes dun día festivo na que os veciños da Ponte do Porto gozaron co fervor relixioso dos seus máis pequenos habitantes que representaron unha emocionante aparición da Virxe de Fátima que encheu de bágoas a gran parte dos asistentes. Antecedeu á emotiva procesión unha misa en honor a esta Virxen oficiada polo noso querido cura párroco Don Jesús que estivo acompañado polas autoridades muncipais entre os que destacaban o Alcalde Pichurri e a Tenente de Alcalde e Concelleira pola Ponte do Porto Sandra Ínsua. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a tódolos responsables e colaboradores desta representación.

Comentarios   

rubiasexy
+1 # RE: Fátima 2011 na Ponte do Portorubiasexy 15/10/2011 21:56
BOnitas fotos impresionantes canto traballo
Responder | Denunciar ante o administrador