A tempada de festas empeza na Ponte do PortoVisto o visto (Camariñas, Camelle) a ocupación de formar parte dunha comisión de festas estase a converter no noso concello nunha profesión de alto risco gracias ao aporte inestimable da política. Nembargantes, despreciando o risco suicida que se lles ven enriba, seguen a xurdir héroes anónimos que asumen esta pesada carga e se encargan de organizar as festas parroquiais da súa comunidade. Todo serán críticas máis ou menos xustas, insultos, graves descalificacións/insinuacións perseguibles penalmente e jaleos, jaleos que nunca se acaban e eso que faltan xustamente catro anos para as vindeiras eleccións municipais. Co arrecendo aínda fresco dos sucesos tristemente acaecidos en Camelle, en breve, dentro de 15 días, arrancan as festas de San Pedro na Ponte do Porto.

Programa de festas de San PedroSerá o martes 28 de xuño, cando ca celebración da multitudinaria sardiñada porteña arranquen as festas en honor ao santo que nas súas épocas de maior esplendor chegou a negar ata tres veces ao mesmísimo Xesús, sardiñada que será amenizada polos sons musicais camariñáns dos Panchos do Jolfendro. Ao día seguinte, as orquestas Trébol e Aramio proporcionarán o soporte musical á primeira verbena das festas. Parón de un día polo medio e o venres un de xullo, día de arranque das rebaixas de verán 2011, no día adicado a San Antonio as orquestas Principal e Ritmo Xoven asumirán o pesado legado de continuar unhas festas antigas como o mundo. Sábado do Perpetuo Socorro con Verano Azul e Superfama e domingo do Santísimo Sacramento ca banda municipal de Arzúa e cunha gran orquestra aínda por determinar, tal e como se suele decir no argot festeiro. En fin , todo listo na Ponte para que arranquen as festas de San Pedro, as cales desexamos sinceiramente que, si a política o permite, discurran do modo máis civilizado e ameno posible.

Comentarios   

lucia018
0 # RE: Festas de San Pedro 2011lucia018 15/06/2011 10:18
Ainda o que queda por oirr esto non e nada,esta xente non ten mas que facer que andar poñendo sisaña, pero que esperamos de xente que se esconde tras un ordenador e non da a carA?Pos nada asi que nada podemos facer, o unico que qeda e pasar de todo e deixar que falen .... e falen e falen......A todo un se vai acostumbrado... eso segurisimo! 8)
Responder | Denunciar ante o administrador