- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 01 Xullo 2010 01 Xullo 2010

Os veciños da Ponte do Porto celebraron un ano máis unha concurrida Procesión de San Pedro
He aquí unha noticia que seguramente vai encher de ledicia, pero tamén de morriña, esa nostalxia que nunca cesa, o corazón dos porteños espallados polos catro rincóns do mundo. Porque un día especialmente sinalado no calendario anual porteño sempre será o da santa Procesión de San Pedro, aquel santo que sentada á diestra de Deus Pai custioda a entrada aos Reino dos Ceos, procesión que este ano estivo concurrida como nunca por veciños que quixeron mostrar o seu fervor polo seu santro patrón, entre os que temos que incluir novamente a un porteño de pro como o Alcalde camariñán Pichurri. Despois dunha procesión que foi comandada como sempre polo oficio e bo facer do noso querido cura-párroco Don Jesús, tocou espallarse aos porteños baixo o sol do mediodía ben acolléndose ás refrescantes sombras do seu Casino, institución senlleira da Costa da Morte, ben deixándose envolver polos sons armoniosos do baile-vermouth intepretado pola Orquesta Nueva Generación. Camarinas.eu, a web que concibe o Concello de Camariñas como un todo informativo e que non deixa que se lle escape viva nin unha soa procesión relixiosa, estivo presente e captou unha amplia galería fotográfica.
Comentarios
Ella siempre me contaba que para esa fecha había festejos en Ponte. Recordaaba eso y el día de la Virgen del Carmen por llevar ese nombre. MUY LINDAS FOTOGRAFÍAS!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.