- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 29 Xuño 2010 29 Xuño 2010

Varios centos de persoas puideron degustar o sabor das sardiñas ás beiras do maxestuoso fluir do Río Grande
Comenza a semana do despiporre porteño
Aquí en camarinas.eu non sabemos como facemos pero o caso é que existe unha química especial entre esta redacción e as comisións de festas. Tal ven a ser o que sucede ca nova comisión que comenzou co San Pedro da Ponte do Porto a súa andaina nas arduas e nunca ben recompensadas labores festeiras e que está integrada por vellos amigos de camarinas.eu: José e Iván Landeira e Alfonso Castro que foron os principais encargados de organizar a espectacular sardiñada que congregou este luns 29 de xuño de 2010 a varios centos de afameados comensais ás beiras do Río Grande e que obrigaron a un importante sobreesforzo a unha comisión que non dou abasto a repartir sardiñas. Alí puidemos ver ao alcalde Pichurri que como bo porteño non faltou á cita máis importante no ano festeiro da Ponte do Porto ou aos imprescindibles Pancho do Jolfrendo que continúan o seu exitoso tour veraniego cunha nova demostración musical. Unhas sacras festas porteñas que comenzaron sobre as 8 e media e que só Deus na súa infalible omnipotencia sabe cando e como acabaron. Unhas festas que para aqueles aos que o corpo aínda lles aguante continuarán este martes ca sesión vermouth e unha gran verbena como aperitivo para o impresionante fin de semana en honor a San Santonio e o Perpetuo Socorro que está por vir. En fin, nos o que é estar, alí estaremos, porque si hai que facer un esforzo faise. E nunhas festas da Ponte do Porto máis.
Comentarios
non se olvidara xamais do ben que se pasou forza comisión sondes os melloresssssss
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.