3.9178082191781 1 1 1 1 1 Rating 3.92 (73 Votes)

Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde
Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde

Incendio con desaloxo incluido

Recén inaugurado como estaba o seu flamante novo ascensor e na mañán deste martes 18 de mao de 2010 vai e declárase un pequeno incendio no edificio que alberga a Casa de Cultura e o Centro de Saúde da Ponte do Porto. Efectivamente, segundo noticias ás que puido ter acceso camarinas.eu, eran preto das 9:30 desta mañán cando un pequeno fogo ao parecer provocado por un cortocircuito nunha lámpara de barra fluorescente instalada no teito do segundo andar, concretamente na sala de pediatría, causaba un pequeno fogo. As lapas provocaron que se derretise o plástico que recubría a lámpara, o que supuxo unha intensa fumareda que obrigou a evacuar temporalmente á media ducia de usuarios nese momento presentes no Centro de Saúde porteño. Posteriormente, unha vez desprazados ao lugar unha dotación dos bombeiros de Cee e a Policía Local de Camariñas e visto que o fogo non ía a maiores procedíose a efectuar as necesarias labouras de limpeza, volvendo a funcionar a Clínica da Ponte ao longo da mañán sen maiores incidentes. Como conclusión só resta engadir que afortunadamente o flamante ascensor instalado no edificio resultou ileso do fogo provocado por unhas lapas devoradoras.


Comentarios   

eu non
-2 # non foron prot.civileu non 18/05/2010 21:28
Estimados srs. cabe informarlle qoe os Voluntarios de Proteccion civil de Camariñas non acudiron a dito incendio por seguiren inoperativos, dende a mostra do encaixe. Cabe decirlles que os veciños de Camariñas leven dende esa data sen servizos de emerxencias, poque o concello non cumpren as promesas tidas cos VOLUNTARIOS, nin cas suas obrigas.
Responder | Denunciar ante o administrador
rodriguezlemamaricarmen55
+2 # QUÉ SUSTO!!!!rodriguezlemamaricarmen55 18/05/2010 21:50
Qué susto y qué pena me dio al ver el título de la noticia. Finalmente cuando fui leyendo la información me dio alivio el saber que no hubo vecinos dañados y los daños no fueron mayores para seguir funcionando. MUCHOS CARIÑOS A TODO PONTE DESDE ARGENTINA!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
jesus
+1 # jesusjesus 19/05/2010 11:29
os de protecion civil non foron por que deven de ter folja avonda si non lles justa eso que deixen o sitio pa outros me estraña que o axuntamento lle nejen o que ai que faser o que pasa que ai que reducir gastos e eles non queren que me perdonen os de protecion civil pero en tenpos de crise ai ajuantar co que ai non eston en contra deles que fan unha lavor mui boa po pueblo que gracias a eles quitanos de muitos apuros pero cando se vai pa protecion civil e verda que se vai voluntario pero non ai que esejir muito tanpouco a quen nonlle juste que non vaia tamen e mui vonito que esteenos desde finales de marso sin protecion civil e mui bonito si señor estamos casi a finales de maio nin servicios minimos nin nada ede verda que este concello nono entendo
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Incendio na Centro de Saude da Ponte do Portorubiasexy 19/05/2010 11:32
mima que pena ver a clinica asi chao sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
eu non
-3 # non foron prot.civileu non 19/05/2010 21:17
Estimados Srs. e Sras., gracias polos comentarios, xa se sabe que non se pode ter contentos a todos, pero por encima de dedicar o noso tempo libre a axudar os demais (ninguen nos obriga)solo faltaria que poñamos mais cartos do noso peto como fixemos ata agora. Estamos cansos diso.Dicides que entren outros...,adian te,non fai falla ter estudios nin oposicions, nos aceptamos a todo dios, !!que veñan, que veñan, xa que tantos hai!!. Tamen dicides que hai que reducir gastos..., do grupo de emerxencias??? que pasaria si non nos dan gasolina pa cortar un pino, e se mate alguen contra el?? como llo explicarias ti a familia.Somos os primeiros en recortar gastos (traballamos coma burros cando hai temporais, e sen cobrar)mais recortes? pois xa esta!! agora xa non gastamos nada!!!
Responder | Denunciar ante o administrador