Unha auténtica bacanal gastronómica terá lugar este venres no Pabellón Polifestivo da Ponte do Porto

Pois xa están aquí, xa chegaron as festas de Carnavales e despois das enchentas que todos nos puxemos no Nadal nada mellor que os bos e cremosos postres cheos de azucre e graxas para completar esta rica dieta á que nos ten condenados a nosa peculiar cultura cristiano-gastronómica. Como xa anunciáramos hai unhas semanas, a comisión de festas da Ponte do Porto tiña previsto organizar unha verbena este venres coa orquesta Marbella e o Grupo D´Satelite pero para facela un pouco máis acorde con estas datas tamén realizarán unha gran degustación de filloas e orellas dende as 10 da noite. Así como un concurso de disfraces que premiará ás comparsas máis orixinais que se acerquen polo Pavillón Polifestivo da Ponte do Porto no que serán intalados uns xogos hinchables para que os rapaces poidan xogar mentras os seus pais bailan e degustan todos os manxares que a comisión de festas da Ponte do Porto ten preparadas para este venres 12 de febreiro.

Engadir un comentario