3.5454545454545 1 1 1 1 1 Rating 3.55 (33 Votes)
A Comisión de Cereixo acudío á redacción de camarinas.eu para publicitar a impresionante festa deste venres
A Comisión de Cereixo acudío á redacción de camarinas.eu para publicitar a impresionante festa deste venres

Este venres grandes orquestras na Ponte do Porto

Pois agora que dende a Xunta din que sobran uns cuantos concellos en Galicia, debe ser que aquí na Costa da Morte xa se puxeron mans á obra antes que nadie e así a futura anexión do Concello de Vimianzo dentro de Camariñas, tan necesaria para o "lebensraum" ou espacio vital camariñán, da o seu primer paso visible este venres 18 de decembro ca celebración pola Comisión de Festas de Cereixo dun impresionante festival orquesteril no Pabellón Municipal da Ponte do Porto. O feito da existencia dunha historia común e duns cascos urbanos que se funden sin unha separación nítida entre a Ponte e Cereixo fai que, da man de dúas orquestras como a Compostela e Capitol, a batalla común pola unión dos Concellos de Vimianzo e Camariñas dé os seus primeiros pasos a ritmo de pasodobre e do imprescindible reggaeton. Será a definida polos libros de historia como "Diplomacia orquesteril", chamada a remover os límites do mundo e na que vellos e novos están chamados a participar por igual.