- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 14 Agosto 2009 14 Agosto 2009
[sigplus] Critical error: Image gallery folder ponte_do_porto/festas/2008/san_roque is expected to be a path relative to the image base folder specified in the back-end.
Este finde non te perdas as Festas da Ponte

Todo está listo este fin de semana na Ponte do Porto para pasalo pipa: ben comidos e ben bebidos
Non é porque o dixera camarinas.eu, pero esta semana temos outra constatación da nosa proposta de hai dúas semanas de declarar ao churrasco como Prato Nacional do Concello de Camariñas: a xigantesca e sempre mui concurrida churrascada que este sábado con motivo das Festas de San Roque se organizará na Ponte do Porto e na que de seguro poderemos ver cortando tiras de churrasco e asando como se debe á nosa querida Carmucha, a muller pionera do socialismo no Concello de Camariñas. E todo elo animado por un trío Eclipse que polo que se ve debe estar forrándose ca súa inacabable xira veraniega por estas terras. Ademáis, o local de moda na Ponte, o Pub O Pincho para honrar ao santo ideou unha imaxinativa proposta que pode facer que os refrigerios cubateriles traian un pan baixo o brazo con agasallos especiais e copas gratis... todas estas promocións do Pincho a partir de hoxe venres e durante todos os días de festa na Ponte do Porto. Non podes faltar!
{gallery}/ponte_do_porto/festas/2008/san_roque{/gallery}