3.8139534883721 1 1 1 1 1 Rating 3.81 (86 Votes)
Alejandro Rodríguez, aclamado Alcalde de Vimianzo e exemplo político a seguir por camarinas.eu
Alejandro Rodríguez, aclamado Alcalde de Vimianzo e exemplo político a seguir por Camarinas.eu

¡¡En Carnés con Alejandro Rodríguez!!

Agora está mui de moda facer encuestas sobre quen é o persoeiro máis importante da Costa da Morte, ou que políticos de alta alcurnia visiten festas e voráxines gastronómicas masivas ideadas polo pobo humilde e traballador, que se abra algún que outro expediente tamén está de moda, pero para unha web desnortada como camarinas.eu o realmente importante son acontecementos históricos como o reencontro que na tarde do 9 de xullo de 2009 tivo lugar na Faguía de Carnés con Alejandro Rodríguez, Alcalde de Vimianzo, Gran Emperador da Costa da Morte, auténtico mentor político de camarinas.eu e home, en definitiva, que reformulou as bases teóricas do socialismo dunha forma tan exquisita que fixo revolverse de envidia dentro da súa tumba ao mesmísimo Karl Marx.

Nun evento gastronómico como a Faguía de Carnés o espectador avezado pode contemplar esa rara avis política chamada Alejandro Rodríguez desenvolverse no seu medio natural: nunha afastada parroquia pertencente á Galicia profunda; rodeado do calor e cariño do seu amado pobo humilde e traballador; degustando un prato sinxelo e  tradicional, probablemente saboreado con fruición e placer por Alejandro dende os días en que era un espabilado meniño vimiancés, unha vianda afastada de efectismos e modernidades que nunca entendeu moi ben o auténtico Emperador político da Costa da Morte; e sempre despertando a admiración do xoven electorado femenino, na tarde dos Callos de Carnés, en plenas festas de San Cristóbal, Camarinas.eu só tivo ollos para o seu mentor político e auténtico exemplo democrático a seguir. Ao parecer por alí tamén  deambulaban Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia, Carmen Borbujo, líder do PP vimiancés, a nosa amiga e Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas Sandra Insua Rial, que formaba parte dunha numerosa representación dos (¿ex?) compañeiros de Alejandro, pero para Camarinas.eu quere resaltar especialmente a presencia de Alejandro Rodríguez e así dende estas humildes páxinas a redacción fai a solemne promesa de que no caso de que o actual Alcalde de Vimianzo decida presentarse ás próximas eleccións, polo partido que sea (¿PP?, PSOE?, ¿os comunistas?), no Concello de que se trate (¿Vimianzo? ¿Camariñas? ¿a Presidencia da Xunta?) e rompendo por unha vez a nosa estricta neutralidade política, esta redacción poñerá ao seu servicio toda a súa demoledora maquinaria informativa para entre todos levar en volandas ao noso único pai político cara outro mandato que nestes tempos incertos de fame e crisis faise máis necesario que nunca. Prometido queda.

Comentarios   

rubiasexy
0 # TEÑEN BOA PINTArubiasexy 10/07/2009 19:16
POIS FESTA RACHADA OS CALLOS TENÑEN BOA PINTA PARESE OS QUE FAI O MEU PEDRO TOD@S DOMINGOS BUENO ESTADESMUY WAPOS AS FOTOS MUI BONITAS CRASIAS CHAO SEFA E OS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: Faguia de Carnes 2009Beldoña 12/07/2009 11:34
CARNES

Sempre se me pasa o día.
Sempre un atranco, ou revés…
O certo é que nunca olvido
Estas festas de Carnés.

Eínda lembro aqueles callos
Que noutro tempo papei,
Que son a envidia de muitos
E sempre os lembraréi.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador