- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 30 Xuño 2009 30 Xuño 2009
As Festas de San Pedro sempre son unhas datas mui sinaladas na Ponte do Porto: unha celebración máxica para a que unha pequena e coqueta parroquia pertencente a un concello remoto e olvidado prepárase con esmero durante todo un ano. Sempre pendentes de que a cuestión climatolóxica non falle, os veciños porteños poñen todo da súa parte para honrar ao santo milagreiro, aquel sobre o que Cristo xurou que ía construir a súa igrexa. Mortificado e torturado vilmente polas huestes dunha Roma aínda pagana, o santo que mora ás mesmísimas Portas do Ceo sen dúbidas dende as súas alturas celestiais observa (e protexe) orgulloso e agradecido aos veciños daquela pequena vila que pegados a unha ponte milenaria cada mes de xuño honran ao seu Santo Patrón.
"Tú eres Pedro, y sobre esta piedra edificaré mi Iglesia, y el poder de la Muerte no prevalecerá contra ella. Yo te daré las llaves del Reino de los Cielos. Todo lo que ates en la tierra, quedará atado en el cielo, y todo lo que desates en la tierra, quedará desatado en el cielo" Mateo 16:18-19.
Comentarios
NAS FESTAS DA PONTE,SIEMPRE QUE FUN PASEINO DE MARAVILLA XA QUE TRABALLEI ALI CASI OITO ANOS E TENHO MOITOS AMIJ@S,E SIEMPRE ME JUSTARON AS FESTAS DALI.
VIVA A PONTE!!!!
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.