O PP de Camariñas apoia a ocupación ilegal do CNC

Despois dun período de relativa calma, os que tentan facerse co poder no CNC volven á carga e non dubidan en apoiarse no poder e na forza que proporciona un partido político para tentar aniquilar a aqueles que se opoñen ás súas pretensións. Así, en nota de prensa remitida aos medios, e publicada no Diario Oficial dos golpistas náuticos, puidemos saber que a agrupación local do PP de Camariñas presta un "apoio total" as actuacións desenvolvidas por quen okupou ilegalmente as instalacións da que foi a institución náutica decana da Costa da Morte, quen asaltou o negocio dun honrado comerciante,...

Aprobacion Provisional do PXOM (II)

Despois do Pleno chiquitero, chegou o Pleno da resaca. O cambio de horario resultou letal para a orixe da que extrae os seus superpoderes o gran villano da política en Camariñas e así o Pleno polo que se aprobaba provisionalmente por segunda vez todo un PXOM resultou prácido e tranquilo como unha tarde de primavera. En ocasións ocorre que incluso as criaturas maléficas esaxeran a dosis habitual e o rastro de devastación e caos provocados polas mesmas (en imaxe para un concello, en convivencia das boas xentes, en proxectos saboteados ou botados a perder...) excede do que normalmente xa se...

Graves insultos no Pleno Extraordinario

Convócanse plenos en horario chiquitero e claro: pasa o que pasa. Sobre todo cando os graves desencontros ca Guardia Civil de Tráfico dun concelleiro camariñán habitual perdedor de todo tipo de eleccións aínda están recentes e son de público coñecemento. É por elo que aquí en camarinas.eu esiximos dende xa a presencia da Benemérita cos correspondentes alcoholímetros á entrada de todo pleno municipal que se celebre de agora en diante como modo de alonxar a perpetuidade da Casa Consistorial ao político metido a okupanáuticos profesional e asaltador de negocios particulares. A maiores obviamente de pedir encarecidamente aos responsables do Concello...

Interesante Visita do Presidente de Portos

O pasado mércores 29 de febreiro de 2012, cara ás 11 da mañán, comenzaba en Camariñas  unha visita do Presidente de Portos de Galicia que dende un punto de vista político-náutico prestábase a numerosos interrogantes. ¿Arroxaría algunha luz sobre as dúbidas da cidadanía respecto á sorte do volatilizado "Programa de actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI"? ¿Ou podería seguir a querencia tradicional dalgún compañeiro de partido en Camariñas de descargar funestas responsabilidades en alguén do seu entorno político ("eu ahí non tiven nada que ver, eso foron chiculatadas")? ¿Accedería unha persoaxe de semellante importancia institucional a sacarse fotos a carón dun...

Nova sentencia contra Viproga

O mesmo día no que un dos voceiros do Partido Popular de Camariñas teorizaba na prensa autonómica sobre a hipotética débeda do Concello, aquí en camarinas.eu imos a falar de débedas reais, probadas, incontestables e inapelables. Recentemente, en data de 16 de xaneiro e 21 de febreiro de 2012 o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil ven de publicar dous autos dos Xulgados do Social nº1 (o mesmo que decretou o precinto do Jeep Cañonero que segue tirado no Vertedoiro Ilegal do CNC) e nº3 de Santiago de Compostela polo que estes declaran a INSOLVENCIA TOTAL da empresa Viproga, S.A.  por...