Portos arranxa a ponte xaponesa do pozo do muelle de Camariñas

Dende decembro de 2008 había un anaco do Imperio do Sol nacente transplantado a Camariñas. Asentada sobre unha firme estructura de aceiro unha acristalada ponte colgante unía as dúas ribeiras do Poso do Muelle. Proxectada a obra na época do despilfarro (orzamento de máis de 120.000 €), unha vez rematada a súa instalación e obnubilados todos pola forte impresión estética que dela se desprendía dentro do conxunto non menos apabullante do novo Paseo Marítimo, a ninguén se lle ocurrío calibrar os custos que se desprenderían do mantemento da súa barandilla de cristal ou da reposición do seu chan de madeira. ...

Tanatorio e CNC, grandes fiascos do PP

E difícil de comprender por que se somete voluntariamente unha persoa a un martirio de humillacións sucesivas como as que sufrío en público o líder da oposición municipal no pleno celebrado este venres 10 de agosto de 2012 no que se dou o bandeirazo de saída á construcción do futuro tanatorio municipal. Despois do alí visto difícilmente se poderá atopar un ser humano que houbera caído máis baixo na consideración dos seus semellantes. Nestes non había odio nin rencor, nin siquera un lixeiro resquemor, tan só un profundo, insondable, tedioso desprecio: un asco tan indisimulable que ata ter que respirar...

Diego Calvo na Mostra de Buño

A inauguración o pasado venres 3 de agosto de 2012 da 29ª Mostra da Olería de Buño contou ca participación dunha pequena representación do mellor encaixe do mundo en forma de stand das palilleiras de Camariñas. Pero tamén contou cunha importantísima presencia de xerarcas políticos da que a derradeira edición da Mostra do Encaixe careceu. Alí estiveron presentes Diego Calvo, Presidente da Deputación Provincial; María Nava, Directora Xeral de Comercio e Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar. Tendo en conta que na Mostra a maior presencia institucional fui a da Alcaldesa de Cee, non está mal o contraste. Elo...

Vaise o mellor concelleiro da historia

Finalmente, este venres 27 de xullo de 2012, no Pleno ordinario, farase oficial a marcha como Concelleiro de Cultura e Deportes do Concello de Camariñas de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Juanillo. Motivos estrictamente persoais están detrás da marcha dun home que nos 14 meses escasos en que desempeñou o seu posto levou a efecto unha batería de iniciativas e proxectos sen precedentes, coronados todos eles con éxitos rotundos, que colocaron ao noso concello dentro dos grandes circuitos deportivos galegos e que atraeron a tantos e tantos visitantes cara ás nosas terras, os cales demostraron a valía, competencia e honestidade indiscutible...

Alí Babá y Las 40 Sentencias

Vista a novedosa, sólida e intachable xurisprudencia sentada recentemente polo Partido Popular de Camariñas ("expulsarase expeditivamente a todo aquel que ande implicado en causas xudiciales porque nós non queremos xente así no noso partido"), aquí en Camarinas.eu dóusenos por colaborar co seu secretario xeral, o célebre e respetado Maxistrado do Río do Prado, e instruir o noso propio sumario. Constatado que os antecedentes de 10 sentencias condenatorias contra o propietario dunha fenecida empresa de vixiancia e protección galega non foron suficientes para o instructor de expulsións sumarias decidimos acudir na búsqueda de novas probas a uns vellos e queridos coñecidos...