Comenza a 1ª Campaña Okupa

A partires das 00:00 horas deste venres 5 de outubro de 2012 os partidos políticos botáronse á búsqeda do voto como auténticos mascatos. Quedan por diante 15 días de auténtico martirio para os cidadáns, xornadas nas que carteis electorais cos rostros máis feos que un poida imaxinar e músicas machaconas e repetitivas e eslogans facilóns e nauseabundos de coches orquesta (por favor, a voceciña aflautada e feminoide do Peito Palomo polas rúas de Camariñas, outra vez non, pedirémolo de xeonllos e humillados ante quen faga falla, pero por Dios non nos sometan a semellante tortura) repetiranse sen solución de continuidade,...

Reunión comarcal do PSOE en Camariñas

Ahí retumbaron os tambores electorales das autonómicas 2012 e os partidos puxeron en marcha a súa maquinaria. Así os primeiros os socialistas que reuniron a semana pasada á súa agrupación comarcal na Casa do Pobo de Camariñas. Polo antigo Bar London, en pleno Distrito de Corea, pasaron Marisol Soneira (como coordinadora), Pichurri, Encarna Liñeiro, Juan Carlos, Rosa Mouzo e Luis Rodríguez Tajes, formando parte da executiva camariñana; por parte de Vimianzo acudía un Javier Miñones que susbtituía aos concelleiros que ese mesmo día asistían a un Pleno; tamén Felix Porto (Muxía); Lamela (Cee); Mucha (Corcubión); Suso Campos (Carnota), dous representantes...

Obras a 1 mes das eleccións

Dentro da tomadura de pelo constante que se infrinxe aos cidadáns e supoñendo un novo exemplo do vello adaxio que reza que un partido político mirará antes os seus intereses particulares que os da sociedade que di representar, esta semana, a un mes das eleccións autonómicas, retomáronse as obras de remodelación do Muelle Novo. Ahí volve a haber un movemento de terra, palas, unha draga e homes que non sabemos se desaparecerá misteriosamente o 22 de outubro, o día seguinte ás eleccións. Porque a nosa limitada mente non acaba de comprender como non se reanudaron antes ou xa postos por...

A historia dun pufo familiar

Falar nestes tempos que corren da credibilidade dun político pode chegar a resultar ata unha broma macabra pero é o caso de que en Camariñas chegouse a uns extremos non imaxinados nin pola mente máis delirante. Unha situación de putrefacción en estado puro. Deixando por un día á marxe okupacións ilegais, procesos de golpe de estado contra asociacións da vila perfiladas ao milímetro por formacións políticas, escándalos alcohólicos e campañas de acoso de esos mesmos partidos contra os cidadáns que pagan os seus impostos, imos hoxe a falar da credibilidade que pode ter un político camariñán enxuizando dous episodios do...

¿Veremos esta imaxe nun CNC okupado?

Aquela antiga frase que reza que un partido político se ocupa antes dos seus intereses que dos da colectividade que di representar nunca estivo máis xustificada que na Camariñas dos nosos tempos e elo por partida dobre. En primeiro lugar ca constatación dos feitos así chamados autóctonos: agora, á luz da convocatoria de eleccións autonómicas para o 21 de outubro, un dase conta que se a Dirección Provincial do PP non puxo coto ao escándalo náutico sen precedentes que os dous cráneos navieros da agrupación local do seu partido estaban perpetrando en Camariñas era sinxelamente porque baraxaba, hai xa seis,...