Inauguración de Pesca de Rías

Esta pasada semana tiña lugar en Camariñas un evento desos que permiten coñecer o estado actual da situación política dun lugar nun determinado momento. Tratábase da presentación en sociedade do derradeiro proxecto empresarial de Industrias Cerdeimar, "Pesca de Rías", idea cofinanciada polo Grupo de Acción Costeira 3 e que contou ca presencia da Conselleira de Mar, Rosa Quintana. Foi por elo que puidemos comprobar como o Presidente local do seu partido recuperou presencia na estela olvidadiza do serio quebranto causado á imaxe do PP en Camariñas polas súas andanzas náuticas e afanábase servicial tras a Conselleira, feliz e sonreínte, unha...

O Concello de Camariñas paga a 30 días

Dende hai uns meses, os numerosos proveedores de bens e servizos de Camariñas cos que contrata habitualmente o Concello experimentaron o que non deixaba de ser unha agradable sospresa: a Tesourería municipal pagaba cada vez con maior rapidez as súas facturas. Habituados con anterioridade a esperar por veces ata varios meses para ver satisfeitos os seus créditos contra o Concello, agora vían como cada vez esa espera era máis corta ata situarse ésta dentro dos 30 días marcados pola Lei de Contratos para o pago por parte das administracións públicas das facturas e demáis documentos de cobro que entren polo...

Avalancha xudicial favorable o Concello

Non pode haber mellor exemplo prototípico de actuación canallesca, ruin, noxenta e sen embargo inútil que o que se recolle no film de John Ford "El Delator" ("The Informer", 1935). Producción atípica dentro da obra fordiana, ambientada lonxe do Monument Valley de Utah no que soían descurrir as súas grandes obras maestras do western ou daquelas outras películas de temática máis lixeira e de constantes tintes humorísticos e familiares, describe como Gypo Nolan, un antigo combatente expulsado do IRA polos seus problemas ca bebida, entrega a un antigo amigo e compañeiro de armas ás autoridades británicas a cambio dunha recompensa...

Rematan as charlas do PXOM

Este pasado domingo 10 de marzo de 2013 rematou ca celebrada en Xaviña a xeira de charlas mantidas por Pichurri para explicar o recentemente aprobado PXOM. E remataba cunha importante afluencia de veciños ás mesmas, cun tono optimista e satisfactorio entre a cidadanía, sen que se producisen altercados, encerronas, reventamentos nin escándalos e, o máis indicativo, sen que asomasen os fuciños nin por unha soa das reunións mantidas ningún dos dos cráneos navieros do PP camariñán.  O cal, como non podía ser menos, leva a unha serie de conclusións na mente atribulada de Camarinas.eu....

Comenzan as charlas sobre o PXOM

Nestes mundos que corren non se fía muito a xente dos políticos e en verdade mellor lle vai a ir así. Entre outras cousas porque os intereses exclusivos destos últimos non soen coincidir co así chamado interese xeral moitas máis veces das que pensa a cidadanía. Algo desto último, unha rigurosa e esixente fiscalización do contido do PXOM aprobado recentemente pola Xunta de Galicia entre a rebelión armada e o desacato público de parte do PP municipal, púidose ver na charla mantida polo Alcalde Pichurri cos veciños de Camelle na Casa de Man. Unha xuntanza que deste xeito retomaba aquelas...