Debacle da Cooperativa Funeraria frente ao Concello polo tanatorio

Por segunda vez na mesma semana, o Concello de Camariñas volvío a descalabrar as acometidas furiosas, destrutoras, cas que foi machacado por terra, mar e aire  e allanou xa de xeito prácticamente definitivo o camiño para a existencia do Tanatorio Municipal. Tantas palabras, tantas polémicas, tantas noticias enaxenadas, furibundas, babeantes de odio e desesperación, para esto. Tanto para nada. Desta volta, os que vían demolidas as súas pretensións obstruccionistas, saboteadoras dun proxecto refrendado pola cidadanía en elección democrática (Municipais de Maio de 2011) foi a Directiva da Cooperativa Funeraria de Camariñas, que ademáis de perder o caso en apelación sen...

Entrevista a Marisol Soneira, unha camariñana presidindo o Parlamento de Galicia

En datas recentes a traxectoria política de Marisol Soneira chegaba ao seu punto máis alto. Se ben era algo que xa se viña dando con certa regularidade dun tempo a esta parte: a de presidir o mesmísimo Parlamento de Galicia. Unha situación que marca o cume máis elevado ao que chegou un veciño de Camariñas dentro da carreira política durante os derradeiros cincuenta anos polo baixo e da que Camarinas.eu, o gran medio de comunicación do noso concello, non podía deixar de facerse eco. Alí sempre que un persoeiro da nosa terra, neste caso das fértiles alturas de Buría, destaque...

Moncho de Dios, Os históricos e a historia do PP

Na estela da cea máis esperpéntica da historia do ser humano, unha que lembra perigosamente a aquela película francesa dos anos 90 ("La Cena de los Idiotas"), ou incluso ao clásico americano da década dos 30 ("La Parada de los Monstruos"), Moncho de Dios volve ás páxinas da web plural e independente de Camariñas. Un batacazo que os cráneos malvados do novo partido dos Cachalotes quixeron facer pasar como convocada por dous históricos do PP que ao final nin resultaron ser fundadores nin tan siquera militantes, que tivo como núcleo principal de asistentes aos exaltados ultradereitistas do Comité Local do...

Convocada Cea Fraudulenta con afiliados do PP

Asustado pola nula adhesión ao novo partido dos Cachalotes Unidos, o seu mentor e gurú supremo ideou unha medida desesperada: un timo destinado a captar mediante o engano a afiliados do Partido Popular. Segundo puido coñecer en exclusiva Camarinas.eu de tres fontes populares distintas, dous simpatizantes do novo enxendro creado a partir dunha escisión do PP, veciños ambos da Carretera do Faro, cada un a un lado da rúa, máis abaixo el, máis arriba ela (unha non moi locuaz ex-concelleira que en catro anos non abriría a boca nun pleno) desenrolaron ao longo desta semana unha febril campaña de captación...

Derradeiro Cravo da Tumba Política de Daniel Rego

Nunha desas recurrentes ironías do destino, alguén tan aficcionado ás filtracións como Daniel Rego era precisamente descalabrado en público por unha delas este pasado sábado 5 de outubro de 2013. Elo tiña lugar cando a edición de Carballo de La Voz de Galicia publicaba que en datas recentes a Seguridade Social en escrito remitido ao Concello de Camariñas ordeaba de forma taxante o embargo de todas as cantidades que en concepto de asistencias á comisións informativas e plenos correspondan ao edil Daniel Rego para facer frente a un pufo co ente público de 4.269,00 euros. E así despois de anos...