Mayte Castro Carril, próxima concelleira do PSdeG-PSOE de Camariñas

Un dos soños de María Teresa Castro Carril, Maytiña, está a piques de cumprirse. Se nada o impide (e nada parece que o vaia impedir) nos vindeiros días convertirase en concelleira por Camariñas polo Partido Socialista. A esta situación chegouse pola renuncia da que fora durante tantos anos responsable da área de asuntos sociais, María del Carmen Linares Chica, máis coñecida como a Malagueña, que por motivos persoais decidía trasladarse end atas recentes ata a súa terra natal. A seguinte na lista que debía substituila, Ángeles Santos Cibrán, asemesmo por cuestións persoais non podía facerse cargo da concellería e pasaba...

Resumo do acontecido nas Eleccións Europeas 2014

O batacazo non puido ser máis estrepitoso e por predecible, máis indicativo. Un pensa agora nas altas mentes da Dirección Provincial do PP, esas mesmas que rixen os destinos administrativos da nosa provincia, e constata, espantado, en que mans estamos. Porque todo esto que se corroborou nas eleccións ao Parlamento Europeo deste pasado domingo 25 de maio de 2014, xa o predixera Camarinas.eu dende o día seguinte a que se iniciara por parte da cúpula do PP en Camariñas o proceso de toma de poder violenta no Club Náutico da vila. Non se tomaron daquela, nin despois, as pertinentes medidas...

Exclusiva: A Xunta autoriza o Tanatorio Municipal de Camariñas

Finito. A polémica máis absurda e artificial da última década en Camariñas chegaba ao seu inapelable final este mércores 12 de febreiro de 2014 cando a Xunta de Galicia concedía a autorizacion sanitaria para o funcionamento do Tanatorio Municipal de Camariñas. A encargada de rubricar este histórico documento que elimina a derradeira traba burocrática para o normal desenrolo do servizo máis longamente demandado polos veciños de Camariñas era a Xefa Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña que "á vista do informe favorable emitido polo persoal técnico do Servizo de Control de Riscos Ambientais e logo de realizar a preceptiva...

Fitur: Feijoó desprecia á Costa da Morte

Tan só tres días despois de que falecera en Dor Dona Josefina Rodríguez Cibrán, a Matriarca das puntilleiras de Camariñas, o Encaixe de Bolillos sufría un menosprecio e humillación díficil de entender e duro de superar. O mesmísimo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó perpetraba na Feira Internacional de Turismo (FITUR) unha ultraxe a Camariñas, ao seu encaixe e por extensión a toda a Costa da Morte que será difícil de olvidar por estes lares. Segundo conta a edición de hoxe de La Voz de Galicia en Carballo e que puido corroborar Camarinas.eu en conversa co alcalde camariñán...

Texto Completo do Humillante Auto Xudicial do Tanatorio

Poucas veces se verá un texto xudicial máis humillante, demoledor e vergonzoso para unha demandante, o seu avogado e a xauría de ultradereitistas rabiosos que os xaleaban de forma fanática. Todo o alboroto provocado artificialmente por uns poucos a conta do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín chegou ao seu inapelable punto e final cun auto demoledor e contundente. Un ano de radicais exabruptos exaltados arribaba ao seu lamentable término cun texto xudicial que non deixa lugar a dúbidas e arruina algunha que outra reputación profesional e non falamos do maxistrado do peito palomo, porque ese, a verdade xa nunca a...