Comezan as charlas coa cidadania programadas polo Concello

Os representantes do Concello na charla cos veciños de Brañas Verdes Hoxe reuniranse en Brañas Verdes, Santa Mariña e Camelle O Concello de Camariñas abreu esta mañá en Brañas Verdes a rolda de conversacións e charlas periódicas en todas as parroquias e aldeas que conforman o total do Concello de Camariñas. A primeira reunión celebrouse esta mañá en Brañas Verdes á que asistiron caseque todos os concelleiros que forman o grupo de goberno no Concello e un nutrido grupo de cidadáns de Brañas Verdes que se mostraron moi participativos en todos os puntos da charla. ...

Consello da Xunta de Galicia celebrado en Muxia

Camarinas.eu, presente nun Consello da Xunta histórico camarinas.eu entregándolle ó Presidente Emilio Pérez Touriño a solicitude dunha entrevista Na mañá do xoves 15 de decembro de 2007 produceuse un acontecemento histórico de gran relevancia: o primeiro Consello da Xunta de Galicia celebrado fora de Santiago de Compostela. O lugar elexido, Muxía. O único medio exclusivamente da Costa da Morte que estivo co goberno en pleno da Xunta de Galicia, interesándose persoalmente polos proxectos do goberno autonómico que contribuirán ao desenrolo integral desta franxa atlántica, foi o diario dixital máis leído da Costa da Morte: camarinas.eu. ...

camarinas.eu visita o Parlamento de Galicia

Os agasallos institucionais de Nadal deste ano do Parlamento Galego serán Encaixe de Camariñas. Encaixe de Camariñas representará ao parlamento Outra noticia en exclusiva de camarinas.eu, a web máis vista da Costa da Morte, a cal foi invitada polo Grupo Socialista do Parlamento de Galicia á sesión plenaria que se desarrollou este martes 13 de novembro na casa do Hórreo, en Santiago de Compostela, e posteriormente a unha reunión ca Xefa de Gabinete da Presidencia do Parlamento de Galicia, Yolanda Aguiar na que se acordou que os agasallos de carácter institucional que realice este nadal de 2007 a depositaria...

Con motivo do quinto aniversario da catastrofe do Prestige

O Goberno da Xunta de Galicia, con todos os seus Conselleiros e encabezado polo seu Presidente, desprazarase o próximo xoves 15 de novembro a Muxía para celebrar o seu consello semanal, con motivo de recorda-lo  5º aniversario do naufraxio do Prestige e, en palabras do Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, constituir "un xesto de compromiso de futuro coa Costa da Morte." ...

Visita da Vicepresidenta do Goberno a Camarinas

As fotos exclusivas da visita da Vicepresidenta do Goberno a Camariñas. A Vicepresidenta do Goberno subindo as escaleiras que conducen á cúpula do Faro Camarinas.eu ten o privilexio de ofrecer aos nosos usuarios rexistrados as únicas fotos existentes da visita que a Vicepresidenta 1ª do Goberno de España Mª Teresa Fernández de la Vega (tamén coñecida como De la Vogue), fixo a Camariñas en decembro de 2006 e que foron tomadas en exclusiva polo avispado fotógrafo de camarinas.eu, Diego Alonso Freire. Trátase da visita que, fora de protocolo, fixo Fernández de la Vega ao faro Vilán acompañada de distintos persoeiros...