Cadena Humana en Merexo contra Prodemar

Máis de 2.000 personas maniféstanse en Merexo Vista aérea da cadea humana de Merexo este domingo 16 de decembro de 2007 Na mañá deste domingo 16 de decembro cerca de 2.000 persoas segundo a organización xuntáronse en Merexo para facer unha cadea humana e manifestarse contra o Plan Acuícola da Xunta de Galicia. A esta manifestación tamén acudiron algúns ex-líderes destacados do BNG como Xosé Manuel Beiras, moi desmellorado físicamente e xa aniquilado e devorado politicamente polos cachorros que él mesmo amamantou. Tamén se leu unha carta de apoio do escritor Manuel Rivas, o cal non estivo presente (non vaia...

Pichurri fala cos vecinos do pobo de Camariñas

Onte sábado 15 de decembro, a nova corporación surxida das eleccións municipais de maio rematou a ronda de encontros cos veciños de todas as parroquias do concello cunha reunión celebrada na casa de pedra na que o alcalde Pichurri, acompañado por catro dos seus concelleiros, pudo coñecer de primeira man os problemas e necesidades reais dos veciños da parroquia de Camariñas que acudiron ao citado encontro. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver un vídeo do acto. ...

Carta aberta da Plataforma Vecinal de Merexo a Marisol Soneira

  Desde a Plataforma Veciñal de Merexo remítennos a esta redacción unha carta en contestación ao artigo de Marisol Soneira Tajes, deputada no Parlamento de Galicia, que publicamos nesta web a finais da semana pasada. A plataforma veciñal de Merexo formouse a causa do polémico proxecto que Stolt Sea Farm ten para este pequeno pobo do Concello de Muxía: A construcción dunha mega-pranta de cría de rodaballo nas súas terras. No artigo que Marisol Soneira nos remiteu á redacción de camarinas.eu, a deputada facía fincapé na defensa da acuicultura presentando un documento da FAO, que é unha organización das nacións...

Último pleno ordinario de 2007 na Casa do Concello

Daniel Rego concédelle cinco días a Pichurri para que éste non acabe en prisión Daniel Rego (PP) Marcos Vázquez (Interventor) Dolores Rey (Secretaria en funcions) e Pichurri (Alcalde) Este venres 30 de novembro ás 20:00 tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello un pleno que se presentaba en principio bastante tenso, pero que finalmente foi máis distendido do esperado e incluso podemos dicir que algo cómico. Pulsa na foto para ler a noticia e ver uns videos do pleno, uns "Vídeos de Primera". ...

Reunion politica cos vecinos de Camelle

O Alcalde, Marisol Soneira e o Delegado de Pesca reúnense co pobo de Camelle...e de Merexo Este Mércores 29 de Novembro tuvo lugar en Camelle, na Casa da Cultura, unha importante reunión á que estaban convocados todos os veciños de Camelle para falar sobre o tema da implantación dunha piscifactoría na zona da Xandriña, diante da fachada marítima de Camelle. Os ánimos entre os veciños estaban bastante caldeados máis non foi impedimento para que uns e outros expuxeran ás súas razóns. A esta xuntanza entre políticos do noso Concello e veciños de Camelle sumáronse tamén un amplio grupo de xente...