Primeiro pleno ordinario do ano 2008, O Concello aproba os prezos públicos da Mostra do Encaixe

Este venres 25 de xaneiro as 20:00 n Casa do Concello tivo lugar un pleno bastante relaxado, o cal viña marcado pola ausencia do Alcalde Pichurri que ata o mércores 30 de Xaneiro non voltará da súa viaxe pola Arxentina xunto a Félix Porto, Alcalde de Muxía. Así, o punto máis interesante dos incluidos na orde do día era a aprobación dos prezos públicos que rexirán na XVIII Mostra do Encaixe que como é habitual se celebrará en Semana Santa no pobo de Camariñas. Pulsa na foto para ler a noticia completa. ...

Romay Beccaría visita a sede do PP de Camariñas

Charla na sede do PP camariñán Daniel Rego, Romay Beccaría e Manuel Varela no acto deste venres noite Este venres 18 de xaneiro ás 19:00 horas tivo lugar unha charla coloquio na sede do PP camariñán sita na Avenida da Coruña impartida polo líder dos populares de Camariñas Daniel Rego, o ex-alcalde de Carballo Manuel Varela e José Manuel Romay Beccaría ante unhas 50 persoas que non se quixeron perder o encontro e encheron o local do PP. Pulsa na foto para ler a noticia completa. ...

Pleno extraordinario na Casa do Concello de Camariñas

O pleno acorda por unanimidade solicitar á Xunta a devolución das licencias de pesca. María José Pasantes debatindo co Alcalde ante a atenta mirada de Daniel Rego Onte mércores 26 de decembro a pesar das datas navideñas nas que nos atopamos esperábase un pleno bastante tenso e problemático debido aos dous temas a tratar no mesmo: a devolución das licencias de pesca á familia Lin e o espinoso tema da granxa acuícola de Camelle. Finalmente e a pesares de algún que outro enfrontamento verbal entre concelleiros, o pleno foi menos tenso do esperado acadando a unanimidade de todos os concelleiros presentes...

O pleno aproba o orzamento xeral do Concello de Camariñas para o 2008

O orzamento máis elevado da historia Imaxe do pleno celebrado este venres 21 de decembro na Casa do Concello O pleno do Concello de Camariñas aprobou na sesión extraordinaria celebrada este venres 21 de decembro o orzamento máis elevado da súa historia cos votos a favor dos 8 concelleiros do PSOE e co voto en contra dos 5 do PP. O orzamento que rexerá durante o 2008 queda establecido na cifra de 4.368.000 euros, o que supón unha subida respecto aos do ano 2007 de 565.000 euros. Para ler a noticia completa pulsa na foto ou en "Ler máis.." ...

Exposicion de Encaixe de Camariñas no parlamento galego

O noso Encaixe visita o Parlamento Galego Na entrada do Parlamento de Galicia Este luns 17 de decembro unha delegación do Concello de Camariñas formada polo Alcalde Pichurri e o Concelleiro Delegado da Mostra do Encaixe o xaviñán Sergio Caamaño acudío ao Pazo do Horreo, sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela, para asistir á inauguración dunha exposición de Encaixe de Camariñas que terá lugar durante o 17, 18 e 19 deste frío e ártico mes de decembro. Alí, nas portas do Pazo do Hórreo estabaos esperando a Deputada Autonómica Marisol Soneira, a cal non quixo perderse tal...