Mitin de Emilio Perez Tourino en Camarinas

O Presidente da Xunta visita Camariñas Touriño ante a atenta mirada dos alcaldes de Camariñas e Muxía Eran pouco menos da 1 da tarde cando o autobús que traía a Touriño a Camariñas chegaba á nosa vila. O Presidente viña neste autocar de campaña do Psdeg-PSOE acompañado por unha manchea de periodistas cos cales tivo oportunidade de departir. Eran moitas as asociacións que estaban citadas con Touriño en Camariñas destacando un nutrido grupo de empresarios de Zas, Vimianzo, Muxía, Fisterra e Cee, ademáis claro dos de Camariñas que estiveron representados por unha gran parte da súa directiva. Pulsa na foto...

Visita privada de Manuel Fraga ao Club Nautico de Camarinas

Reunión dos tres Presidentes de Honor do CNC Fraga é conducido hacia o Salón de Actos do CNC acompañado de José Trillo ante a mirada dos curiosos Collío por sorpresa á nova directiva do Club Náutico de Camariñas o desexo de Don Manuel Fraga Iribarne, o que fora durante 16 anos Presidente da Xunta de Galicia, de visitar o CNC aproveitando a comida de homenaxe que a Agrupación do PP camariñán lle preparou por todo o alto e que reunío a 102 comensais no Restaurante Villa de Oro. Presidente de Honor, xunto ao xornalista Xose Luis Blanco Campaña e...

Eleccions a Xunta de Galicia 2009 en Camariñas

Os tambores electorales chegaron a Camariñas e chegaron cunha forza inusitada. Na mañán do sábado 14 de febreiro de 2009, Día de San Valentín, visitou esta antiga vila mariñeira nin máis nin menos que o mesmísimo Mariano Rajoy Brey, Secretario Xeral do Partido Popular e candidato á Presidencia do Goberno polo mesmo partido. Pasadas as 11:00 da mañán chegaba Rajoy a sede do PP na Avenida da Coruña e iniciaba un pequeno paseo que o levaba ata o mercado de Camariñas. Dado que os venres son datas de certos excesos no Café Bar Arnela por parte dalgúns membros desta redacción...

Orzamento do Concello de Camarinas para 2009

Primeiro aprovaron o orzamento... Nin o secretario en funcións Victorino quixo perderse unha gota do exquisito champán francés O novo orzamento para o 2009 xa está aquí. O conxunto abstracto de números que rexirán as contas municipais o próximo ano foron aprobadas no último pleno do ano celebrado na Casa do Concello cos votos favorables do PSOE e os votos en contra do PP. Dito orzamento é o máis elevado da historia do noso concello chegando aos 6.169.000 euros e no que destaca unha forte aposta inversora que será sufragada practicamente a partes iguais a través dun préstamo de case...

Constitucion da Fundacion Man

O día 28 de decembro constitúese a Fundación Man Miscelánea con algunhas das portadas que camarinas.eu dedicou á defensa do maior artista do Concello Corría o mes de agosto do ano 2007 cando nunha viaxe de vagabundeo pola costa norte do Concello ante a visión  dunha avalancha de turistas que se avalanzaba imparable sobre os restos indefensos do legado artístico de Manfred Gnadinger, camarinas.eu decidío dar un paso ó frente e denunciar a barbarie. Porque cómpre recordar que o nacemento de camarinas.eu como web seria, a web líder na que despois se convertiría, está ligado á defensa do legado artístico...