Eleccions europeas 2009 en Camariñas - Mitin do PSOE na Casa de Pedra

¡¡Ay, Europa, queridos usuarios!! Europa queda moi lonxe. Llanuras insondables, altas montañas e  seguramente algún pantano perdido que haberá por ahí sepárannos dos mullidos e confortables sillóns da sede da Eurocámara en Estrasburgo. Porque con motivo das vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo os tambores electorales volveron a redoblar, pero neste caso a un ritmo cadencioso e atemperado, prácticamente inaudible para o oído humano. Nada que ver co retumbe atronador que estourou tantos tímpanos durante as últimas e estruendosas eleccións municipais de 2007. ...

Pleno Ordinario no Concello

Manifestación da CIG en Camariñas Momento no que os membros do Grupo Popular entran na Casa Consistorial ante os sindicalistas da CIG Este viernes 29 de mayo de 2009 celebrábase na Casa do Concello de Camariñas un pleno ordinario no que se debatiron diversos puntos que foron aprobados pola unaminidade dos concelleiros presentes. Nos rogos e preguntas o Alcalde Pichurri aclarou que o número de alegacións incluindo as presentadas por correo chegaban a un total de 616. Así mesmo foi rexeitada unha moción a favor do bilingüismo presentada polo PP. O máis chamativo deste pleno foi a manifestación que o sindicato...

Visita do Presidente de Portos de Galicia a Camariñas

O flamante novo director do ente público Portos de Galicia, José Manuel Alvarez-Campana Gallo, levou a cabo este venres 18 de maio unha visita bastante completa a Camariñas. Así, pasadas as 20:30 tomou parte no mitin que enmarcado dentro das eleccións ao Parlamento Europeo do 7 de xuño celebrou o Partido Popular na Casa de Pedra (e no que sorprendío a presencia dalgún que outro veciño da nosa vila), para unha vez rematado este e tras un breve intervalo no céntrico Restaurante Villa de Oro, desprazarse a cenar ata o Club Náutico de Camariñas inivitado pola directiva do mesmo. Pulsa...

Remata a exposicion do PXOM de Camarinas

Un constante ir e vir de veciños visitou estes días a sede do PP de Camariñas con motivo do PXOM 578 alegacións ao PXOM polo de agora As 14:00 horas do mércores 14 de maio pecháronse as comportas e chegou ao seu fin unha das etapas de vida deste Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas que tan tortuosa está a ser. Unha auténtica procesión de veciños nas catro parroquias do Concello achegáronse ata os puntos establecidos para consultar o Pxom, máis de 1.700 descargas do mesmo na páxina líder e referencia mediática da Costa da Morte e 578 alegacións...

Exposicion do PXOM do Concello de Camarinas

Avalancha de veciños na Casa do Concello Pichurri e Sisa durante un momento da exposición do PXOM no Salón de Plenos do Concello de Camariñas Despois de percorrer as distintas parroquias do Concello, o Plan Xeral de Ordenación Municipal chegou á súa última escala: o Salón de Plenos da Casa do Concello onde permanece exposto dende o pasado luns 20 de abril ata o venres 24, se ben o período de exposición pública é de 2 meses e non rematará ata o 14 de maio, podendo presentar os veciños as alegacións que estimen pertinentes ata esa data. O caso é...