- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 30 Decembro 2008 30 Decembro 2008
Primeiro aprovaron o orzamento...

Nin o secretario en funcións Victorino quixo perderse unha gota do exquisito champán francés
O novo orzamento para o 2009 xa está aquí. O conxunto abstracto de números que rexirán as contas municipais o próximo ano foron aprobadas no último pleno do ano celebrado na Casa do Concello cos votos favorables do PSOE e os votos en contra do PP. Dito orzamento é o máis elevado da historia do noso concello chegando aos 6.169.000 euros e no que destaca unha forte aposta inversora que será sufragada practicamente a partes iguais a través dun préstamo de case 1.200.000 euros e subvencións das distintas administracións públicas. Pero todo isto non nos interesa e si de verdade queres ver o que impactou ao ollo avizor de camarinas.eu pulsa na foto principal.
...e ao final brindaron con champán!!!
Decíamos que toda esa burocracia de cifras e números non nos interesaba o máis minimo, porque unha vez que todo estuvo amarrado e ben amarrado foi cando ven o divertido e a nosa querida amiga e nova tertuliana Encarna Liñeiro sacou un champán francés da máxima calidade extraido das soleadas vides da rexión francesa da Champagna e tódolos concelleiros alí presentes e un par de cariacontecidos funcionarios brindaron para que o novo ano 2009 non sexa tan nefasto como este lamentable 2008.
En fin, queridos amigos, a política despídese en camarinas.eu neste 2008 cun pleno bastante pacífico e conciliador, breve tamén, o que bromas e risotadas aparte debe alegrarnos a todos xa que desta forma os momentos de división ideolóxica e política que temos vivido no Concello de Camariñas son parte do pasado. Un pasado que a este paso pronto será olvidado se os ríos de champán seguen a correr como na noite do luns 29 de decembro polo Salón de Plenos do concello. O champán queridos amigos xa non é patrimonio exclusivo das vodas civiles, como quedou demostrado no último pleno do ano.
{multithumbs}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.