3.9344262295082 1 1 1 1 1 Rating 3.93 (61 Votes)

O día 28 de decembro constitúese a Fundación Man

Miscelánea con algunhas das portadas que camarinas.eu dedicou á defensa do maior artista do Concello
Miscelánea con algunhas das portadas que camarinas.eu dedicou á defensa do maior artista do Concello

Corría o mes de agosto do ano 2007 cando nunha viaxe de vagabundeo pola costa norte do Concello ante a visión  dunha avalancha de turistas que se avalanzaba imparable sobre os restos indefensos do legado artístico de Manfred Gnadinger, camarinas.eu decidío dar un paso ó frente e denunciar a barbarie. Porque cómpre recordar que o nacemento de camarinas.eu como web seria, a web líder na que despois se convertiría, está ligado á defensa do legado artístico do alemán de Camelle que entón (ao igual que agora) esmorecía no abandono. Ante esta realidade, parece que o día 28 constitúese o Patronato que ha de rexir a Fundación de Man. Pulsa na montaxe para ler a noticia completa e ver os enlaces con todas as noticias publicadas por esta web para defender o legado dun xenio único.

Constitución da Fundación Man

Unha das primeiras prioridades de camarinas.eu sempre foi a defensa do legado do Alemán de Camelle
Unha das primeiras prioridades de camarinas.eu sempre foi a defensa do legado do Alemán de Camelle

Precisamente foi en agosto de 2007 cando esta web irrumpía no ámbito do xornalismo  profesional cunha xeira de reportaxes irreprochables técnicamente adicados á vida e obra do artista camellán, así como á defensa do seu legado, un legado no que era urxente á xuizo desta web "Que se faga un inventario de todo o seu patrimonio para que desta forma as distintas administracións poidan, coa axuda dos citados artistas, proceder ao mantemento e reposición de todas as obras que compoñen un patrimonio artístico único".

Foi entón cando se empezaron a dar os primeiros pasos da institución que decían estaría chamada a resolver gran parte destes problemas: a Fundación Man, que terá a súa sede no edificio público sen dúbidas máis importante con diferencia deste concello, a gran Casa Cultural de Camelle, tamén coñecida como Casa de Man. Unha Fundación que se constituirá este domingo 28 de decembro (sexto aniversario da defunción do xenio alemán) ás 12:00 no destartalado Salón de Plenos da Casa Consistorial, acto no que tamén se formalizará o Patronato que ha de rexir a citada Fundación e do que formarán parte, ademáis do Alcalde, as respectivas concelleiras camellanas de PP e PSOE. A defensa do legado do alemán de Camelle parece ser o obxectivo principal, con todo non está de máis recordar que outro dos obxectivos é o da "defensa do legado artístico, histórico e etnográfico do Concello de Camariñas e da Costa da Morte". Entre ese legado camarinas.eu entende que debería estar como obxectivo prioritario ese soño imposible que todo camariñán abriga no fondo da súa alma como algo irrenunciable, esa quimera irrealizable que esta xeración de camariñáns espera poder ver realizada algún día: a reconstrucción do Castelo do Soberano, o Rei maxestuoso que goberne cos seus cañóns outra vez sobre a milenaria Ría de Camariñas.

Enlaces relacionados ca defensa do legado de Manfred Gnadinger

Comentarios   

seran7989
0 # seran7989 17/12/2008 14:34
Vendo o que habia e o qué hai,esperemos que fajan aljo pronto,porque despos de todo truxo muita xente a Camelle,e a que pode traer.Esta ben mirar polo que temos.
Responder | Denunciar ante o administrador