3.7878787878788 1 1 1 1 1 Rating 3.79 (33 Votes)

Homenaxe a unha muller exemplar

Tres auténticos socialistas: Señor Manolo do Curseiro, o ex-alcalde Bautista e Maruja da Cotarra
Tres auténticos socialistas: Señor Manolo do Curseiro, o ex-alcalde Bautista e Maruja da Cotarra

Hoxe venres ás 9 e media da noite moitos socialistas (e non socialistas) daranse cita no Restaurante Os Catro Ventos para asistir á  homenaxe que o PSOE camariñán ofrece a María Ramos Gesto máis coñecida por Maruja da Cotarra cunha gran cena en honor a esta gran muller camariñana e afiliada socialista máis vella do concello. O caso é que para aproveitar este acto a executiva desta agrupación socialista de Camariñas quere tamén facer invitados de honor a todos os interventores que traballaron nas mesas cando sonaron os últimos tambores electorales alá polo mes de marzo deste lamentable ano 2008 que afortunadamente xa ten os seus días contados. Pulsa na foto para ler a historia dunha muller das que xa non quedan moitas.

A historia dunha muller camariñana exemplar

Maruja "A Cotarra" naceu en Camariñas no ano 1923 nun día invernal de novembro no seno da familia dos Cotarros, Andrés e María. que tiñan outros catro fillos: Andrés, Dulia, Pita e Carmen . Todos co apodo "Cotarro". Tenme contado miña avoa que xa de pequeniña en plena república na escola facíanlle cantar o Himno Galego tódolos días. Así transcorreu a súa educación ata que estalou a guerra. Xa pasados estes anos miña abuela comezou a andar co que sería o seu futuro esposo, o patrón de pesca e home tamén exemplar José Freire Fernández máis coñecido como "Pepe de Cariño". Pois pasaron un tempo andando xuntos e ao final pasou o que tiña que pasar e Maruja e Pepe casaron e tiveron seus 5 fillos (Pepe, Necho, Suso, María Jesús e Mari Carmen Freire Ramos). Daquela a casa de Pepe de Cariño era forte e respetada e as mulleres traballaban duro na casa e os homes andaban no mar no barco do meu abuelo Pepe ata que aconteceu a traxedia.

Un día do ano 1958 o barco da familia de Pepe de Cariño foi sorprendido cerca de Touriñán por un terrible temporal que levou ao fondo a nave do meu abuelo. Todos se puderon salvar, do naufraxio, todos menos un rapaz de 15 anos que empezara a traballar no barco facía pouco tempo. Pepe de Cariño quedou moi afectado pola morte do seu grumete e empezou a enfermar e a familia tivo que pasar momentos moi duros.

Foi entón cando miña avoa Maruja, co valor e o coraje que a caracterizaron sempre, colleu as rendas e dispuxo que para manter a súa familia tería que emigrar a Londres. Así, por mediación dunhas monxas, puido coller o primeiro barco que saía da Coruña dirección Londres para traballar nun hospital das aforas da cidade británica. "Oito días e oito noites levaba o viaxe", sempre conta ela. En Camariñas quedaban os seus fillos varóns  que iban ao mar e que pronto seguirían os pasos de súa nai cara a Inglaterra (todos menos Pepe) e as súas fillas María Jesús e Maricarmen, que cuidaba e mimaban ao seu adorado e enfermo pai e a súa abuela Eulalia. Despois duns anos Mari Carmen coñeceu a Manolo, un mozo da Ponte do Porto, e comezaron a andar xuntos. A historia repetíase, despois duns meses saíndo Mari Carmen e Manolo do Churrero (alias Pichurri) casaron e Pepe de Cariño e a súa filla María Jesús tamén se dirixiron a Londres donde pasarían máis de trinta anos pero vindo de vacacións á súa Camariñas unha vez ao ano polo menos.

E así saío adiante a familia de Maruja a Cotarra, miña abuela. Si unha muller é respetada e querida polos seus fillos esa é miña abuela. Si unha muller pode ir coa cabeza alta esa é a Cotarra. Si un pai pode estar orgulloso da súa familia, ese é Pepe de Cariño. Si muitos están donde están é gracias a Maruja a Cotarra.Si uns fillos adoran aos seus pais eses son Pepe, Suso, Necho, María Jesús e Mari Carmen. Si uns netos teñen un ejemplo eses son os netos de Maruja a Cotarra. Si unha muller luchou pola súa familia por enriba de todo esa fui Miña Abuela.

 *A canción adicada a Maruja nesta páxina é a que lle adicaban os seus fillos e o seu home en Radio Nacional de España no seu cumpreanos cando ela estaba en Londres.

Comentarios   

rubiasexy
+1 # rubiasexy 12/12/2008 19:21
si señor unha mullerben boa nunca sepuso con nadie podes estar ben urgolloso de tua abuela non ahi palabras ten de tod mui boa persona viva diego sefa e os pedros
Denunciar ante o administrador
jose de marta
+1 # jose de marta 12/12/2008 23:59
Unha muller 100 por 100 camarinana,con eso xa esta dito todo.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.