2.2063492063492 1 1 1 1 1 Rating 2.21 (63 Votes)

A Conselleira Caride volve a Camariñas

María José Caride, acompañada de Pichurri, pasea por Cmariñas
María José Caride, acompañada de Pichurri, pasea por Cmariñas

Despois da visita que en xuño do ano pasado realizou a Camariñas María José Caride Estévez, Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (CPTOPT),  volvío á nosa vila por segunda vez este venres 1 de agosto. Nos non sabíamos si a Conselleira viña a inaugurar algo ou é que quixo acercarse á Camariñas para asistir ao gran espectaculo que estaba preparándose para a noite no Café Bar Arnela e así ver en acción deportiva a Tono da Riala, o Lars Ulrich dos timbales callejeros. Pulsa na foto se queres coñecer as razóns reais que impulsaron a visita da nosa querida Conselleira.

Visita da Conselleira a Camariñas (e Camelle)

Pois non. Por increíble que parezca, a Conselleira non viña a presenciar en vivo e en directo o espectáculo inigualable e apoteósico de ver desenvolverse diante dunha batería improvisada ao noso querido usuario e amigo Tono da Riala. Non. Ao saber esto, nos quedamos un pouco decepcionados pero bueno xa se sabe estos políticos sempre están metidos en asuntos máis serios. Acompañada do Presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, visitou o impresionante dique de prolongación do muelle de Camelle e despois dirixíronse ata Camariñas para ver como se atopan as obras de construcción do novo Paseo Marítimo da nosa vila.

Ademáis, acompañada dos Concelleiros do Grupo de Goberno Municipal, e algúns da oposición como Daniel Rego, a Conselleira acercouse ata a Casa de Pedra para firmar o convenio que permitirá realizar a última fase das obras da fachada marítima, non de Camelle, senón de Camariñas. Unha vez rematado este acto protocolario e tras visitar as obras, toda a comitiva desplazouse ata o mellor restaurante existente a día de hoxe nesta Franxa Atlántica, o Restaurante Puerto Arnela, para alí degustar improvisadamente uns pinchos e unhas tapas elaboradas polas cociñeiras deste templo do bo comer. Non o podemos asegurar, pero non nos extrañaría que en breve víramos de novo a Conselleira por estes lares firmando un novo convenio de algo, tan só para poder degustar semellantes manxares.

 

 

Comentarios   

mantida
-1 # mantida 02/08/2008 16:54
eu tamén dijo coma vos, mellor era que viñera onte a festa que o pasamos mortal, lástima que non pudera asistir, o que se perdío, ahora que faja todo o posible pa acabar todas as obras e que camariñas quede ben bonito.
Responder | Denunciar ante o administrador