3.9024390243902 1 1 1 1 1 Rating 3.90 (41 Votes)

¡¡Os redactores queren ter un fillo xa!!

O pleno ordinario deste venres tivo como punto estrela as axudas á natalidade
O pleno ordinario deste venres tivo como punto estrela as axudas á natalidade

Celebrouse onte venres 28 de Marzo o segundo pleno ordinario do 2008 o cal transcorreu de forma pacífica e tranquila e que tiña entre os puntos do día unha modificación de crédito e a aprobación da liquidación do orzamento do 2007 así como a inclusión do Alcalde de Camariñas dentro do consello de administración da Fundación Caixa Galicia. Pero o tema estrela do día que máis impactou ao director de camarinas.eu foron as axudas á natalidade.
Pulsa na foto para ler a noticia completa.

O máis interesante aconteceu no turno de preguntas, onde o grupo da oposición preguntou si se recibira contestación da Consellería de Pesca á petición unánime formulada polo concello tralo pleno extraordinario de decembro de 2007 (a cal lamentablemente foi negativa e a consellería non respostou) e en segundo lugar preguntou acerca das axudas á natalidade que estaban previstas no orzamento do 2008. Aquí a contestación foi positiva, e así todo o rapaz nacido ou adoptado ao longo de 2008 traerá non un pan baixo o brazo, se non 1.200 euros, que se repartirán en catro anos á razón 300 euros anuais como medida para luchar contra o despoboamento do concello e fomentar a natalidade. Dende este momento os redactores están á busca de raparigas ben cremosas dispostas a procrear unha fecunda proxenie para así achegar uns cartiños que financien camarinas.eu. Que todo sea polo ben da páxina.
En fin, un pleno tranquilo que foi coroado por esta redacción, como é habitual os venres, con unha cea no mellor restaurante da Costa da Morte: Restaurante Puerto Arnela (o cal ten pendente unha reportaxe). Alí, cunha persoa sagrada para esta redacción, Soto, tuvemos a nosa tertulia habitual e falamos acerca do noso usuario básico ben coñecido por él, Juan Camariñan. O cal foi insultado, perseguido e machacado inxustamente e sen xeito no Libro de visitas, cousa que evidentemente non volverá a pasar, porque esas épocas xa se acabaron para sempre. En fin, quedando á espera desas raparigas ben cremosas, seguiremos informando.


Comentarios   

hombre lobo
+1 # TODO E BON...hombre lobo 29/03/2008 20:06
PARECEME QUE TODO O QUE SEXA AXUDAR A XUVENTUDE E BON.ISTA INICIATIVA DO CONCELLO TAMEN POR SUPOSTO SERA BEN ACOLLIDA,COMA TAMEN O SERIAN...MAIS EMPREGO,VIVENDA S DE PROTECCION OFICIAL..ETC,ET C,POLO TANTO UN APROBADO PO GOBERNO LOCAL.
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 29/03/2008 20:53
en primer lujar : si queredes ter un fillo os redactores,ide buscando,porque comosijades así, vexovos mal,espero que os teñades antes dos ochenta.
todas as inisiativas que quite o cincello paresenme estupendas, e cantas más quite millor
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.