5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Pois xa están aquí as Eleccións Municipais 2019 e os partidos políticos con representación en Camariñas comezan as súas respectivas campañas para tratar de atraer o voto dos veciños. Moitas son as novidades nas listas dos ous principais partidos que se presentan con renovadas candidaturas a estes comicios. No PSOE de Camariñas, despois da demisión de Pichurrirenóvase case totalmente súa lista con un marcado perfil xuvenil nos seus representantes e cun programa sólido e moi ambicioso. Hai uns días que tivemos oportunidade de darlle un vistazo a este programa socialista na súa impresionante nova páxina web do PSOE de Camariñas. No PP finalmente ocorreu o que tiña que pasar, houbo unha parcial purga cachalotil (non completada definitivamente) que podería dar unha imaxen renovada, aínda que ao final volven coma sempre as vellas costumbres de confrontación e de crispación que tan poucos resultados deron a esta formación política. Deste partido non temos constancia do seu programa electoral nin coñecemos propostas concretas así que para os dirixentes deste partido poñemos (non sabemos cantas veces o fixemos e non tivemos resposta) a súa disposición o noso formulario de contacto para que nos envíen  seu programa. Como dicíamos ao principio desta nota, xa chegaron as elección municipais 2019 e aquí en Camarinas.eu trataremos de dar unha cobertura independente e veraz, tal e como sempre o fixemos, de todo canto aconteza nestas decisivas Eleccións Municipais 2019 en Camariñas.

Para todos os partidos políticos que queiran ver reflexadas as súas notas de prensa no único medio de comunicación do Concello de Camariñas, poñemos a súa disposición o email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para que nos envíen os seus eventos, propostas e proxectos. NON SE PUBLICARÁN NESTE MEDIO notas que queiran confrontar aos veciños, falsedades, manipulacións ou terxiversacións que tanto dano fixeron nos últimos anos en Camariñas. Tan só se publicarán propostas e proxectos de futuro que é o que realmente lles interesa aos cidadáns do Concello de Camariñas.

Engadir un comentario