1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pois aquí en Camarinas.eu temos por costume habitual publicar sempre as notas de prensa que nos mandan. Xa sexa máis tarde ou máis cedo sempre tratamos de cumprir con esta norma básica. Os que non nos mandan nada e vetan ao único medio de comunicación do concello con preto de 5000 persoas suscritas ás nosas redes sociais, pois evidentemente non poden sair nesta web. Así, os nosos moitos lectores e usuarios que quixeran votar a outras forzas políticas do concello están desinformados neste sentido. Non deixa de ser curiosa esta forma de actuar tan contraproducente para os intereses destes partidos, porque esta web sempre estivo aberta a todas as opcións políticas e incluso ten entre os seus amigos e colaboradores a fundadores do PP na Costa da Morte. Pero en fin, como dicíamos, unha extratexia contraproducente a tan só catro meses escasos dunhas eleccións municipais. No PSOE de Camariñas parece que hai un pouco máis de cordura mediática neste sentido e aproveitan o tirón do único medio de comunicación do concello para promover as notas de prensa entre os seus veciños. Aquí vos reproducimos íntegramente o que nos mandan dende a Casa de Pedra, sede dos socialistas de Camariñas.

Os Socialistas de Camariñas elixen por aclamación a Sandra Insua para revalidar a alcaldía nas eleccións de maio


A Agrupación Socialista de Camariñas elixe a SandraÍnsua Rial, actual alcaldesa, como cabeza de lista para as eleccións municipais do 26 de maio deste ano. A decisión foi tomada hoxe por aclamación, nunha asemblea celebrada na Casa do Pobo.

Asistiron á cita o 90% dos militantes do partido en Camariñas. A asemblea confirmou a total unión da militancia coa alcaldesa e candidata. O obxectivo é revalidar a maioría absoluta do PSOE no Concello, continuando os mandatos socialistas ata sumar os 40 anos de apoio do pobo camariñán.

A asemblea, cunha elevadísima asistencia, confirmou o apoio total da militancia á actual alcaldesa. Insua fixa na fachada marítima e na xeración de emprego dúas grandes prioridades para o próximo mandato

Sandra confesouse “moi ilusionada” por afrontar as súas primeiras eleccións como candidata do Partido Socialista. “Teño moitas ganas de seguir traballando polo avance de Camariñas”, manifestou.

A actual alcaldesa avanzou algunhas liñas do seu programa. A nivel de investimentos, asegurou que seguirá loitando por completar a fachada marítima, cun paseo marítimo desde Area da Vila hasta a Carnicería, por continuar coa mellora dos camiños, e por ampliar o saneamento no territorio.

Outra das liñas prioritarias será o desenvolvemento económico para contribuír á xeración de postos de emprego. O seu desexo, apuntou, é que a xente de Camariñas teña posibilidades de traballo no propio municipio.

Engadir un comentario