Este mércores 12 de decembro, os alcaldes dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo reuníronse coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, para tratar de concretar as medidas que vai tomar o ente autonómico para axudar a paliar os efectos dos temporais nos devantidos municipios.

A conselleira trasladoulles aos rexidores que a Xunta de Galicia non pode asumir en solitario esa función e que vai solicitar o apoio da Deputación da Coruña, pospoñendo a decisión sobre as accións concretas a levar a cabo para unha reunión que se celebrará proximamente e na que deberán estar presentes a propia conselleira, o presidente da Deputación e os tres alcaldes dos municipios afectados da Costa da Morte.

Aquí en Camarinas.eu non saímos do noso asombro coa actitude desta conselleira que, para máis inri resulta que ven sendo veciña da Costa da Morte. Non deixa de ser sorprendente que un xigante institucional como a Xunta de Galicia, responsable en gran medida da seguridade e benestar de todos os cidadáns galegos, deixe tirados da man de deus aos humildes veciños de tres concellos da Costa da Morte cando sofren as inclemencias duns terribles  temporais. Como si este territorio non formase parte da comunidade autónoma galega, pero para pagar impostos si que son cidadáns de primeira.

Ademáis desta grave deixadez de funcións por parte dos responsables da Xunta aínda teñen a cara de pedir que a deputación se faga cargo da reparación dos desperfectos cando é un asunto que non lle compete. Unha verdadeira tomadura de pelo.

En fin, todo un disparate institucional, unha burla cara os veciños da Costa da Morte perpetrado por unha unha conselleira atendendo ordenes do seu partido que pasará a historia da ignominia da nosa comarca. Lamentable maneira de pasar á posteridade da Costa da Morte.

Humillacións da Xunta de Galicia á Costa da Morte:


 

 

Engadir un comentario