- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 10 Marzo 2008 10 Marzo 2008
O Concello para cinco minutos por Isaías Carrasco

Os traballadores e políticos do Concello de Camariñas na concentración silenciosa
As 12 da mañá deste luns 10 de marzo de 2008 os traballadores, concelleiros e membros da oposición do Concello de Camariñas concentráronse durante cinco minutos ás portas da Casa Consistorial como mostra de repulsa polo asesinato de Isaías Carrasco, ex-concelleiro do municipio guipuzcoano de Mondragón, por parte dos nacionalistas radicais de ETA. A Federación Española de Municipios e Provincias (F.E.M.P.) convocou a tódolos axuntamentos de España a esta concentración pacífica e silenciosa de cinco minutos onde se puido comprobar a unidade dos partidos políticos frente aos radicais totalitarios.