1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas celebrou, a semana pasada, unha nova sesión plenaria na que o grupo socialista presentou unha moción para solicitar á Xunta de Galicia unha maior transparencia no reparto de axudas a entidades locais. O documento pedía, ademais, unha maior autonomía para que os concellos poidan decidir cales son as actuacións máis necesarias no seu municipio. Tal e como sinala a proposta, os concellos son a administración máis próxima á cidadanía e, polo tanto, a que mellor coñece as necesidades dos veciños e veciñas.

O equipo de goberno presentou no pleno unha moción para pedir á institución máis autonomía, de xeito que os concellos poidan decidir en que actuacións se deberían investir os fondos autonómicos.

A moción socialista pon ao Plan Único da Deputación da Coruña como un exemplo de boa xestión, xa que esta liña de axudas favorece que os concellos conten cunha mellor planificación, garantindo, ademais, un maior grao de autonomía para o goberno local. En contraposición, o equipo de goberno sinalou que a Xunta de Galicia repartiu 22,5 millóns de euros en catro plans de infraestruturas e equipamentos durante os dous últimos anos seguindo uns criterios subxectivos. 

Dentro da listaxe de solicitudes recollidas na moción destacan as seguintes: regulación, mediante unha lei autonómica consensuada coa FEGAMP, do financiamento dos concellos galegos, establecemento de partidas non finalistas dentro do capítulo de transferencias totais da Xunta con destino ás entidades locais, creación dun fondo específico anual formado polas transferencias non executadas no orzamento da Xunta con destino ás entidades e fixación dun acordo para que o Canon da Auga se reparta con criterios en igualdade de reparto, de xeito que as entidades locais poidan recibir en investimentos o 50% das recadacións que se levan a cabo en cada concello.

A proposta socialista aprobouse cos votos favorables do PSOE e do bloque, e co voto en contra do Partido Popular demostrando deste xeito, como era de esperar por outra parte, que antepoñen os intereses da Xunta de Galicia aos dos seus propios veciños.

Máis alá deste lamentable acto dos populares camariñáns, este sábado pudemos ler nun medio de comunicación comarcal a lamentable guinda a todo este descerebramento dende o PP de Camariñas: unha nota de prensa máis propia dunha persoa desequilibrada que dun aspirante á alcaldía de Camariñas. O caso é que non sabemos si esta mamarrachada en forma de artigo periodístico foi cuestión do fulano que transcribíu dita nota ou pola contra foi realmente o que se transmitíu dende o PP de Camariñas. Sexa como fose o texto é dun nivel realmente lamentable e que deixa a esta formación política máis cerca dun camorrista de tres ao cuarto ao que lles importa un pepino o seu pobo que dun político que se debe aos seus veciños.

Así mesmo tamén sería interesante que comezaran a implementar un filtro de calidade nese mesmo medio de comunicación para cribar dalgunha maneira eses lamentables textos que se envían dende certas formacións políticas. Non todo debería valer con tal de encher as catro páxinas de papel reciclado diarias que se lanzan dende este medio. En todo caso aquí, en Camarinas.eu vamos a deixar que este mesmo dirixente político nos envíe persoalmente esa nota para dirimir finalmente a cuestión diante dos nosos lectores. Aquí vos deixamos publicamente o noso email para que nos tomen en cosideración: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Engadir un comentario